Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Alumaradas de Bernabel
APRENDICES

Un domingo pola tarde
na casa de Cabaleiros,
estábanche reunidos
unhos cantos compañeiros.

A hora de tomar café
e logo dunha boa taza,
ocurréuselles de facer
unha partida de caza.

Despois de moitas voltas
¿a que se ían adicar?,
xunto dun veterano
fóronse aconsellar.

E tamén foi Isidro,
un cazador moi famoso,
no momento xa lles dixo:
¡Dedicádevos ó raposo!

Escomezóu a temporada
e armados de escopetas,
colleron todos pró monte
coas mochilas ben repletas.

Saben poñerse moi ben
prá comer os bocadillos,
unhos detrás dos balados
e outros arrimados os pinos.

Estes son os cazadores
deste grupo tan xeitoso,
que os domingos polas mañás
andan a atrás do raposo.

Andrés é o xefe deles
e non hai outro coma el,
ben deitóu dos consellos
de David de Bernabel.

Tóbo é o que vota os cás
e Parga é o que lle axuda,
creo que van as clases
xunto de Pepe do Cura.

Enrique é moi bo rapaz,
tamén é o máis calado,
é o que máis tempo aguanta
comendo tras do balado.

Monei e máis Bernabel
son os dous esfoladores,
tamén che é verdá
que son moi bos tiradores.

Galán é moi pricipitado,
tamén é o máis fogoso,
é o que menos aguanta
esperando no raposo.

Toñín xa lles aventóu:
-Tedes que coutalos nervios,
non serve nada apurar
prá salir bos raposeiros.

Teñen boas escopetas
e tamén teñen bos cás,
prá temporada que vén
tamén quer ir Pepe de Goás.

Todos son homes formales
non saben contar mentiras,
cando non hai a que tirar
tíranlle tiros ás pinas.

Pola súa xuventú
queda cuadrilla prá tempo,
pró ha de ser algún día
a mellor do Aiuntamento.

S. de Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 12-03-2008 12:30
Ligazón permanente a este artigo
Alumaradas de Bernabel
O PARQUE

En Mondañedo e Vilanova
un fermoso parque van facer,
con bechos de pelo e pluma
prá poderse entretener.

Os animáis pró parque
xa os trouxéron importados,
e os organizadores
son dos mais seleccionados.

Teñen Páxaro e máis Cuco
Merlo e máis Piriquito
Rulo, Pego e máis Canario
e tamén Peto e máis Pito.

Tamén teñen Cochobravo
Cabrito, Besto e Raposo
teñen Conexo e máis Lebre
León, Lobo e máis un Oso.

Estes organizadores
son todos moi destacados,
menos o probe do Quinto
sonche todos estudiados.

Os que ó clero pertencen
son todos de Viloalle,
os outros sonche do Val
e Dios éche de Seivane

O Quinto e mailo Sarxento
e tamén o Capitán,
o Canónego e o Crego
o Cura e o Capelán.

Tamén vai Dios de Seivane
e de Viloalle o Obispo,
o Rei e o Coronel
e de San Xorxe o Ministro.

Arredor do parque
arbres pensan prantar,
prá poñerse á sombra
a xente que vai mirar.

Poñen a Nogueira
o Loureiro e o Salgueiro,
o Carballo e o Cachopo
e tamén un Amieiro.

¡Árdelle o eixo!
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 11-03-2008 18:40
Ligazón permanente a este artigo
Alumaradas de Bernabel
Á VOLTIÑA

Un momento por favor
para lles poder expricar,
a hestoria da ?Voltiña?
que agora lles vou contar.

Carbajales i a súa dona
a Inglaterra emigraron,
e fixeron unha casiña
cando mesmiño voltaron.

Leva de nome ?A Voltiña?
por todo o mundo soada,
e os vos comportamentos
a fizéron acreditada.

Os vecinos xa sabían
que a auga lles precisaba,
e puxéron-se dacordo
prá non lles deixar levala.

Mais cando se procataron
que a outro sitio ían por ela,
voltaron a revolverse
prá que quedasen sen ela.

A tudo isto Carbajales
que sabía por onde viña,
de Mañas acompañado
trouxo a iauga prá ?Voltiña?.

Con privarme de poñela...!
-dixo o Señor Carbajales-,
non fan máis obra que tirar
pedriñas os seus cristales.

Chegáronlle as protestas,
pró nin caso lles fixo:
-Tudo é cousa da envexa!.
Desta maneira lles dixo.

É de razón poderosa,
que eu tamén lle diría,
porque após desta cobiza
consiguíu o que quería.

?A Voltiña? é famosa
drento e fora de Galicia,
tén bo viño e bo café
?e comida Cardenalicia!.

?A Voltiña? leva a palma
en pratos combinados,
con persoal profesional
e precios moi axeitados.

O persoal da ?Voltiña?
atentiño ó cén por cén,
sáben-no os camioneiros
i os que non o son tamén.

Ten un bo aparcadoiro
que xa foi ampliado,
pois como se pode ollar
está sempre ocupado.

E xa hai algunha taberna
das que teñen moitos anos
gaña menos que un obreiro
deses que son mal pagados.

Non pretendas derrubar
ao máis forte sen razón,
pois non fás máis que tirar
couces contr´ó aguillón!.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 07-03-2008 23:01
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0