Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Alumaradas de Bernabel
O CARRO DO TABERNEIRO

Veciños de Viloalle
mirai ben o que facedes,
procurade gardar os carros
ou quedaredes sen eles.

A noite do San Ramón
según a min me contaron,
a Mañas da Pontenova
seique o carro lle levaron.

¡A min roubáronme o carro
e xa non sei quén sería,
a min roubáronme o carro
de noite cando dormía!.

¿Onde estará o meu carro?
O taberneiro decía:
¡anque non estaba novo
bo servicio me facía!

¡Mañas andaba perdido:
¿Onde irá o meu carriño?
Agora estóu convencido
non volve nin pró Samartiño!

Díxo o Roxo de Curilla:
¡E non fás máis que cantar,
a ti tamén che pasóu
coma Manolo Escobar!

Un día po la mañá
o pé da casa de Loureiro
sen freno e sen rodas
encontraron o chideiro.

Mandáronlle aviso a Mañas
que logo lles contestóu:
¡Pois non estóu moi tranquilo,
sen saber quén mo levóu!

Como me entere quén foi
dígocho de corazón:
¡non me a dar só prá un carro
que me a dar prá un camión!

Ó señor que mo levóu
non lle poido perdoar;
antes de levarme o carro
debérame de avisar.

Aquí acaba o relato
do carro do taberneiro.
Prá saber quén llo levóu
vai enterarse primeiro!.

Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 17-03-2008 18:04
Ligazón permanente a este artigo
Alumaradas de Bernabel
EN PADRIÑAN

Escoitáime se queredes
veciños de Padriñán,
estades todos dacordo
non darlle máis o leite a RAM

E darllo a RENY PICOT
todos eles acordaron;
pero da noite prá mañá
cinco a chaqueta viraron.

Tiñan os bidós da RENY
os que fixeron a unión,
pero o Cuco ó confesarse
armóu a revolución.

¡O máis malo é unha cousa!
pensando o Cuco dicía:
¡a RENY aló polo vrau
cólleo tres veces o día!

Anduvo de porta en porta
e a todos foi avisando,
e por último, e remate
á RAM llo seguiron dando.

Marina chora de pena
cando de certo sabía
que a RENY recólleo sempre
só duas veces o día.

Dixo a muller de Dadolo:
¡O Cuco ten moita vista!,
porque se lle axeita ben
traballar de eletricista.


A xente moito se estraña
de Andrés, Arturo e Dadolo;
de viraren a chaqueta
e deixar a Falcón solo.

¿Que estaban arrepentidos?
Eso xa o oín contar,
por eso calquera día
outra vez vólvense a virar.

Dadolo cando fai xuntas
vainas facer a Retorta,
pero o Cuco é máis devoto
e avisa de porta en porta.

Por maioría de votos
o Cuco entra de alcalde.
¡Dadolo gastóu os cartos
e o Cuco entra de valde!.

Dadolo tamén lle dixo:
¡Por seres tan bo alaxe
vóuche deixar o oniforme,
a gorra i o correaxe!

Pensa Alejandro de Claudio:
¡Non sei de min que dirán,
pero o meu leite non llo dóu
nin a RENY, nin a RAM!

Daréillo a desnatadora
que vai mellor empleado,
prefiero dalo de valde
antes que ter que tiralo.

Non fai falla enfriadeiro
vai muxido do momento,
tamén escusan decirme
que non da o rendimento.

Este relato señores
costa traballo creélo,
co uniforme de Dadolo
o Cuco a dar gusto velo.

Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 13-03-2008 12:29
Ligazón permanente a este artigo
Alumaradas de Bernabel
A ESTRADA

Isto que vos vou contar
que vos quede na memoria,
dentro de moi pouco tempo
ha de pasar a hestoria.

Como todos xa sabedes
Vilamor é moi tranquilo,
por haber xente enredosa
parece o barrio de Vigo.

E de facer a estrada
tamén vos poido contar,
tres taban maleados
prá non deixála pasar.

Algún deles xa andivera
no medio dos da comisión,
pidindo de porta en porta
prá facer a esplanación.

Se conoce, que daquela,
ainda non taba a malear,
porque lles pidía ós outros
prá que a deixásen pasar.

¡Logo viróu a chaqueta,
vergoña lle debera dar!,
unha finca de tres metros
non na deixóu esplanar.

Tamén aló no Cangado
díulles moito que facer,
se non manda quen mandaba
¡xa veríamos a ver!.

Dixeron i aseguraron
que non deixaban pasar,
pero o que manda non roga
e mandóulles esplanar.

Os que non cobraban nada
tampouco no demostraron,
por sesenta e cinco gallos
tres mil pesetas cobraron.

Dixo Alfonso e máis Donato:
¡Levamos moito esplanado,
pero coma éstes tres
nos vimos en ningún lado!.

Debera darlles vergoña
de seren tan criticados,
na parroquia e fora dela
todos están enterados.

Tampouco alí no Matullo
non se deron amañado,
un día pola mañán
apareceu esplanado.

Prá arar o anaco esplanado
foron chamar un trator,
como naide quixo vir
trouxéron ó serrador.

Con pedrouzos de mil kilos
Venancio chegóu cargado,
prá tapar a estrada
onde xa estaba esplanado.

Pero sen deixar de ver
que era unha cousa anormal,
a dez metros desviado
basculóu o material.

A un dos Novos de Fórnea
tamén o foron chamar,
que trouxera a carroceta
prá podelos colocar.

Según chegóu ó Matullo
xa se puxo a traballar,
i os veciños de Guillade
baixaron todos mirar.

Víu tantos espetadores
que o home quedóu parado,
e dixo a vista de todos:
¡Eu prá eiquí vin engañado!.

Cando me foron chamar
dixen pró meu parecer:
¡Isto é imposibel que sexa
un prato de bon lamber!.

Enterouse do negocio
e sen esperar máis nada,
marchóu coa carroceta
deixóu todo como estaba.

Os veciños foron todos
dar unha declaración,
por se algún deles dicía
que fora o da esplanación.

Xosé do Crego asegura
que chegóu un avión,
con xente especializada
prá facer a esplanación.

O día trinta de Setembro
según eu oín falar,
tiveron outro xuicio
e volveron a gañar.

Os veciños da parroquia
deberan de escarmentar,
se pasa outra estrada
xa naide debe privar.

E se algún deles privara
tamén lle podía pasar,
ter que pagar os gastos
e despois ter que deixar.
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 12-03-2008 12:38
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0