Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Guillade

VECIÑOS DE GUILLADE

Os veciños de Guillade
quixéronse revirar,
e o depósito da iauga
no quixeron arranxar.

Fai tempo que acordaron
de acadar o diñeiro,
e telo depositado
na casa do Caxigueiro.

Como fixeron bos pozos
no quixeron amañar,
e despois algún veciño
escomezou a protestar.

Tres mulleres decidiron
arranxar o lavadeiro,
e votaron mau dos cartos
da casa do Caxigueiro.

Foi Remedios de Fanego
-así entendedes mellor-,
e Francisca de Benito
e Felicia do Menor.

Ó que Matilde lles dixo:
¡Xa vos podedes marchar
pois os cartos de momento
non tedes por que os levar!.

Non sabemos como toca
a cada un dos veciños,
hemos chamar a Manolo
prá que veña repartilos.

Chegado o día seguinte
veu o señor da carteira,
que desque fixo o reparto
díxolles desta maneira:

Ide repartindo os cartos,
e que os veñan retirar
e ó voso amigo Donisio
debíades-llos ir levar.

Ó que Donisio lles dixo:
Eu non os deixo quedar
ata última peseta
tédesmos que liquidar.

Os cartos depositados
todos os foron retirar,
e asi os lavadeiros
quedaron sen arranxar.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 03-02-2009 18:59
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0