Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

A Gorreta

En Masma pasóu un caso
que che foi moi popular,
a Gorreta e mailo home
queríanse separar.

Un día pola mañá,
da semana que pasóu,
Remedios en zapatillas
na Aruma se presentóu.

Veño falar co pedaño
que me día información;
non poido vivir co home
e quero a separación.

O día que me casei
tiven unha mala hora,
se me quedara solteira
moito mellor che me fora.

Agora dóume de conta
que me dixo un home formal:
Só te quer ese home
prá comerche o capital.

Ó ver isto o pedaño,
da lástima que lle deu
na compaña da súa filla
para o Outeiro moito correu.

Tes que traguer dous testigos
xa os podes procurar
pra asinar un inventario
que che vamos a preparar.

A ouvir isto Remedios
xa saliu naquel momento,
tróuxo a Seixo e ó Maeso
pra asinar un documento.

Sen o carné de identidá
non fixo caso o Notario,
e tivo que buscar outros
pra asinar o inventario.

Remedios sen perder tempo
a Delio foi avisar,
e tamén chamóu a Liso
para que fosen asinar.

Ó chegar Delio e máis Liso,
por certo, documentados,
antes de votar a firma
trataron de arreglalos.

Tres botellas de coñá
na mesa lles amosaron,
tiveron bebe que bebe
ata que as vaciaron.

A algún caéronlle as bágoas
eu non sei porque razón,
non sei si foi a coñá
ou si foi a emoción.

Delio díxolles tamen:
Logo imos ter que volver,
preparade outras botellas
pra rematarmos de beber.

Dende agora as mulleriñas
quedarán desengañadas,
é mellor quedar solteiras
que non mal acompañadas.

Homes que estades solteiros
teredes que procurar
de casarvos por cariño
polo que poida pasar.

Si fora por comenencia,
e non fora por cariño,
xa vos podía pasar
coma o probe de Manoliño.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 20-02-2009 22:46
Ligazón permanente a este artigo
Sidoro troiteiro

SIDORO

Prá que poidan escoitar,
atención lles pido señores,
alí na volta da Noria
multaron a dous pescadores.

Un sábado pola tarde
fun ver a ?Pouca Pena?,
que traballóu na Retorta
no tempo da corentena.

Indo pola beira do río
con Sidoro me encontrei.
Olleino moi disgustado
por iso lle preguntei:

-Ti tés cara de espantado!
Que é o que che pasóu?.
-Multóume a Garda Civil
e ata a caña me levóu.

Taba tamén o meu fillo
que logo o atoparon,
tiña a caña de carrete
e tamén lla levaron.

Por coller troitas pequenas
os dous foron multados,
parece mentira neles
despois de estar avisados.

Eu non me estrañaría
se fora un pescador novo,
pero parece mentira
que colleran a Sidoro.

De chegado á casa a muller
xa lle dixo de contado:
Ves, xa cho dicía eu
estívoche empleado!.

Iso pasóuche por burro,
que ti xa sabías esto,
as troitas tan pequenas
eu xa nas meto no cesto!

Deberan tirarte ó río,
...tiveron boa pacencia,
así pró ano que vén
non quitabas a licencia!

A culpa foi de Julito!
-a muller sentencióu-:
que os subiu no seu coche
e a Mondoñedo os levóu.

Aquí se acaba a historia
dun famoso pescador
se atendera a facer zocas
fóralle moito millor.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 17-02-2009 21:33
Ligazón permanente a este artigo
Os mozos de Tiagonce

OS MOZOS DE TIAGONCE

Os mozos de Tiagonce
son un pouco parados,
non se votan unha moza
por non ser espabilados.

Un grupo de rapaciños
que non hai que dicir deles,
non se arriman as mulleres
e arrímanse as paredes.

Os Domingos pola tarde
andan todos pola vila,
sen facer caso das mulleres
sempre, de abaixo prá riba.

Cando ven unha rapaza
gústalles ollar prá ela,
pró non se atreven
nin siquiera a falar con ela.

Queren facer un equipo
cos seus once xogadores,
dende que entrenen un pouco
seleccionaranse os mellores.

Peregrín é o capitán
e Pepe será o porteiro,
os dous defensas serán
dous daqueles de Canteiro.

Tamén Ramón de Reigosa
vai de defensa central,
o Ché de medio volante
e de interior Canabal.

Pra que haxa xuiz de línea
pensa ir Suso de Peruxo,
de adestrador Siviriano
que foi o que o compuxo.

Suso de Salvatierra
tamén xoga de interior
e Pepe xoga de extremo
porque se lle axeita mellor.

Estes once xogadores
fan un equipo moi bon
e prá arbitrar o partido:
Xosé Ramón do Campón.

Por si algún cae lesionado
han de levar dous reservas,
un ha de ser Michelín
e outro Avelino de Franelas.

Este é un equipo moi modesto
que serve de diversión
e moito non han de tardar
verse en Primeira División.

Bernabel
Comentarios (1) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 15-02-2009 17:34
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0