Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Refraneiro nº 11
60

Canto che quero
miña monada
canto che quero
e ti a min nada.

61

Moito me queres
de noite na cama
moito me queres
e de día nada.
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE REFRÁS - Publicado o 14-02-2008 10:23
Ligazón permanente a este artigo
Ás nosas mulleres
Canto che quero
miña naiciña,
bicarche quero
a túa cariña!.

Canto arrolache
nese teu colo,
nunca deixache
teu fillo solo!.

Ouro daría
moza amada
por ir a fía
correr a fiada.

Polas facendas
dun vinculeiro:
Ai! non me deixes
neste turreiro.

Canto lle quero
á miña dona
que é a ama
nesta casona.

Canto che quero
muller amada;
son o xílgaro
da leda bicada!

Filliña miña,
por unha bágoa
ben pequeniña
teño esta mágoa.

Que, bés seguros
todos daría,
por verte sorrir
eu..., boubaría!.


P. de Noriega
14 Febreiro 2008
Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 14-02-2008 10:18
Ligazón permanente a este artigo
Á tarta de Mondañedo (Tar-Tar, Torta, ou Bica)

Mondañedo (Vila Farta)
tén nun Libriño de Pedra
a receita da doce tarta.

Dulcedoce déulle o nome
do Merlo, á confeitura
que en todo o Reino se come.

Da Época Escura as tartas
do mítico Rei Cintolo
fan a Carlos, Rei das Tartas.

Da Alianza e de Pura
pureza a do Val de Brea!.
Paixón pola coda dura.

P. de Noriega

-O Libro de Pedra atópase na louseira de Valiñadares(Fábula de Xosé Ruiz Leivas)
-Dulcedoce era a mellor meiga pasteleira do reino Cintolo
-O merlo da meiga Dulcedoce chamábase Tar
-O Reino comprendía todo o Val do Rei Cintolo
-As pastelerías que fan as tartas son: A Alianza, O Rei das Tartas e Val de Brea.
Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 13-02-2008 18:27
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0