Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
EXEMPLARES FROLIÑAS... |
|

Eu che aceno, Piedá, pra que repares
na inxénita candura desas flores,
que, orballadiñas, topan os pastores,
ó despunta-la aurora nos pinares.
I aínda de ti me doio, se cuidares
que as arrogantes rosas son mellores,
para simbolizar castos amores,
i ofrendarllas á Virxe nos altares.
Froliñas entre os pinos recollidas,
¡exemplares froliñas! (como as vidas
dos Santos Ermitaños)..., a Fertuna
se lembre da Modestia, i en boa hora
vos queira preferir nosa Señora
para lle engrinaldar ó Neno a cuna.
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
NON SABE A FROR... |
|
 (De Lamartine)
Non sabe a fror quen manda a lus do día,
nin quen espalla o néctar que a delecta
ó vir raiando a aurora;
i ela agradece as lágrimas que acepta,
i ela as convirte en bálsamos que envía
¡ó Misterio que adora!...
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
COMO CHOVE MIUDIÑO... |
|
 Vagaroso chover: Este zarzallo
que alxófares espalla, de mansiño,
é bendición de Dios i é un irmauciño
das lágrimas, da brétema e do orballo.
O-ceio inda non ten outro agasallo
mellor pra demostra-lo seu cariño
ás froliñas da urce i ás do espiño,
i á ramaxe pomposa do carballo.
E Galicia, sin par, onde eu nacera,
tralo rico presente, quizá espera
do irmau sol, rei da luz, unha raiola...
¡Quizá!, pois xa notou a ialma miña
que, si adoita de estar na cruz soliña,
ó sentirse feliz, non quer ser sola.
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
|
|
|
|
|