Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

BULE-BULE...

(Ó meu señor D. Antonio Díaz Carreira)

I

Pra min n'hai tallo ond'ó forno
nin faragullas na artesa,
me oieu decir -i era risa-,
Bule-bule, a miña neta.

II

Cun lambusquiño de nata
na ozquía do fuso, chega,
e (de xoellos na frouma
que xunta co angazo), déuma.

III

¡Soñe sempre que anxeliños
rebuldan ó redor dela,
presentándolle grinaldas
e collariños de estrelas!

Do Ermo
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 11-12-2020 21:24
Ligazón permanente a este artigo
¡NA MONTAÑA BRAVÍA, PAI DO CEIO!...

Donde eremitas ven o ceio aberto,
donde, á par da Saudade, triste eu canto,
donde a brétema furta, ó descuberto,
as estreliñas que lle cán do manto,

donde prospera a urce, donde o pranto
da aurora centellea, donde é certo
que hai unha cruz (mimiño do deserto),
i o adro da erma igrexa é campo santo,

na montaña bravía, ¡Pai do ceio!
do ermo silencioso no ermo seio
embreñarme procuro prontamente,

aló na terra virxen, terra esquiva,
¡donde nunca apareza unha alma viva!
(tanto aborrezo tropezar coa xente).

Do Ermo
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 06-12-2020 19:15
Ligazón permanente a este artigo
EMBREÑARME PROCURO...

Embreñarme procuro, e feliz fora,
si xa de meu tivera unha casiña
na fragosa montaña, que alí mora,
divorciada do mundo, a ialma miña;
o sosego das chairas me namora,
i a Dios lle pido que me poña axiña,
donde hastra a virazón non quer testigos
pra rebuldar coas follas dos caxigos.

Do Ermo
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 06-12-2020 19:14
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0