Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CAMPEÓN FERIDO |
|
 N' aleará o veterano
que desbravou moito a serra,
pero a labor non se atrasa,
naide das filas deserta.
Cantaruxando os rapaces
marchan detrás das ovellas,
e prós bois nas manxadoiras
non faltan mangados de herba.
A amiña -unha miña xoia-,
xonzouse a suca-las terras,
i á noite volve prá casa
tan papadiña e marela,
que, si se tumba no escano,
inda os tronos n'a despertan.
¡Probiño enfermo!, tirado
nunhas pallas balorentas,
lembra un campeón ferido,
xa inútil prá loita fera;
i os toxos demandan fóuces,
pide ligós a restreba
e, si non se doi quen puxa,
o que cae non se queixa.
Fosco o montañés e mudo,
solo agarda a derradeira
hora en que Dios o recolla
pra respiro dos que quedan...
Pretiño del canta o galo,
axiran na criba aveas,
i hai un netiño que chora
i on xato, ceibo, que breca.
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
TERESA FERRO BOÓ |
|
 Unha estreliña sin par...
¡Non se me cai da memoria!:
versos me pideu, e groria
quixera ter pra lla dar.
Con un suspiro a agasallo,
e, si asinte, co deseio
de que lle depare o ceio
un mozo com'on carballo,
digno desta viril Tresa,
¡flor da miña devoción!,
que val máis ouro que pesa,
pois, si o Parnaso lle intresa,
é porque ten corazón.
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
FESTIÑA DOS BREÑALES... |
|
 Festiña dos breñales, linda abrula,
pois o ermo afrixe, ¡seu rigor quebranta!,
i alegra os soutos, donde arrola a rula,
i as carballeiras, donde o malvís canta.
Mande Dios que inda enfeites miña lira,
i a Virxe mande que contigo sean
a meiguice da fonte que suspira,
i a mágoa das espigas que lourean.
Beira dun carreiriño polvorento,
sen máis amores que os dun triste fento,
debullándose en bágoas, veute a ialba,
e, con todo, feliz, ¡oh, flor!, te eu creio
ao notar que prás festas sobre o seio
te levan carpazonas de Trasalba.
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
|
|
|
|
|