Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
TÚA DIVISA |
|
 ¿Unha fouce? Mais... ¡non! Túa divisa
¡unha cruz sinxeliña!, prenda cara
que a Tradición ó Ermo lle legara
coas lágrimas da aurora i a sorrisa.
Mimosa pasión da alma é a pythonisa
que á singular Galicia benfadara:
doise do sol que morre, non repara
na rudeza do déspota que a pisa.
Dun natural piedoso, que eu admiro,
¡en presencia da Virxen é un suspiro!,
i aínda esmagar un verme lle repuna.
Cos ánxeles das trebas non quer nada,
e mellor que asistindo a unha asonada,
se alcontra, amouchadiña, onda unha cuna.
A. Noriega Varela
Do Ermo
|
|
|
|
QUE ALEGRE! |
|
 Que alegre...!
(Pra Xulio Francisco Ogando)
¡¡Que alegre
un raio do sol, en tanto
non lle furta un bico á neve!!
Chega toliño pensando
que adormecida a sorprende,
i ela é unha freiriña morta,
está de corpo presente...
Bando agoreiro de corvos
asoma ó lonxe, solene
silencio entorpece ós pinos
pra que en voz baixa se queixen,
suspirosa fonteliña
reza da difunta a rentes...
Virxe María, ¡¡e que alegre
un raio do sol, en tanto
non lle furta un bico á neve!!
Toliño chega pensando
que dormidiña a sorprende,
i aínda que toxos o espiñan,
inda que as silvas o prenden,
a despeito de que hai lobos
ouveando tralas sebes,
fúrtallo, desaprensivo,
e, de seguida, esmorece...
A. Noriega Varela
Do Ermo
|
|
|
|
|
|