Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Máis fotos das homenaxes. |
|
 Esta semana achegounos o noso amigo "Xesús do Breogán" unhas fotos novas dos actos que se celebraron en Foz, xa fai un ano na escola de Fondós, e máis tarde na Casa da Cultura, co gallo da homenaxe a A. Noriega Varela no seu sesaxésimo aniversario do seu pasamento.
Graciñas por visitarnos.
(Ollar fotos) |
|
|
|
A casiña tarrea |
|
 Cando vou de vagariño
a Vilamor, meu berciño,
gostame sempre de ir vela
e a "Casa Pequena" teña
catro cepiños de leña
pra que poida eu morar nela.
Xa non máis chousa allea
teña a casiña tarrea
do lugar dos do "Canelo",
pois xa che fai moitos anos
que inverna polos escanos
na "Casa Grande" un cadelo.
Marga Bermúdez
De Pepe para Margarida, que sei que é unha garimosa admiradora de Noriega.
Grazas mestra, ...musa miña da terra!
Outono 2008 |
|
|
|
Refrán nº 72 |
|
 O gaiteiro de Zoñán
foi tocar a Redondela
perdeu a gaita no monte
e a muller chora por ela.
Recitado por Santiago de Lamelas
Santa María de Villamor-Mondañedo
Outono do 2008
Recolleu e copiou Pepe de Noriega da "Sabedoría Popular Mindoniense" |
|
|
|
|
|