Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
TIÑA RAZÓN O QUE DAS ZOCAS DIXO |
|
 Tiña razón o que das zocas dixo
que llas daban ó demo e non as quixo:
o demo anda descalzo de pé e perna,
ou con alparagatas se goberna.
Máis ¿que zocas lle daban?, ¿das chinelas?,
¿das cubertas, quizá? ¡Donde irán elas!
Chairego, si ás que calzas non se chama,
víñanme ben a min pra tripar lama.
Hai que vivir na aldea e ver camiños;
¡metinme nun rosal hastra os fuciños!
-Tu te-las zocas novas e aínda campas;
as miñas xa fenderon i están lampas.
-Chairego, ¡pago a parva, si me trocas
polas miñas zoquiñas as túas zocas!
-Entérrome na lama hastra as orellas,
¡trócame as zocas novas polas vellas!
?Do Ermo?
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
Pro mago da ?Vallibria? |
|
 Mago, meigo, ou feiteceiro:
xa en balde a esquiliña túa
Ó Galopín das Mariñas
raiolas de sol lle anuncia
pra que apañe máis castañas
das que anazcou por San Lucas.
O Galopín das Mariñas
finouse das molladuras,
i as levadas e traídas
que con el foron de tuna
(agás a que bota as cartas),
¡todas che arriman a culpa!.
Eu son a dos pajaritos
sabios: presteille unha alcuza
ó defuntiño, e parece
que cha vendeu, sin ser súa...
¡Non a perdas, nin ma croques!
e sinón... ¡verás que rumba
bailamos os dous!...
¿I os graxos?
¡Queren comerche a asadura!;
mais saberás, argalleiro,
que aínda hai ?carcas? que te chufan
?por lo bien? que enveredache
inocentes criaturas,
pra que coa iauga ?al pescuezo?
renegasen das San Lucas.
(A moza dos paxariños
aquí esgallouse a pruma).
?Do Ermo?
Antonio Noriega Varela
As san Lucas 2013
|
|
|
|
San Lucas 2013 |
|
 Pró meigo que pronosticou
bo tempo prás San Lucas
(Fala un galopín da Mariña)
Veño a ofrendarche unha alcuza
(pra cando haxa aceite), ¡oh meigo!,
que desde que as fas te escondes
no fondo dun agulleiro;
e que o teña á mau pra untarte
túa dona, che recomendo,
tralas fregas que te agardan,
xa que chas pide o pelexo.
¡A bocadiños te coman
os lobos, gran embustero!
Tu dixeche na ?Vallibria?
que íbamos a ter un tempo
delicioso prás San Lucas,
¿I acertache? ¡Doute o demo!...
Tódalas lebres corridas
que se emboutan con ungúentos,
cantos graxos hai na vila,
i este cabeza de vento,
no teu agoiro fiados,
moito, ás escuras, corremos
pra amencer o dazasete,
enxoitos, en Mondañedo.
Cantaban as pimpeliñas
i atruxamos nós, tan recio,
que xa as nubes, de mal aire,
nos aires se remexenon...
I, hastra Boimente, un fresquiño;
tras do fresquiño, un lostrego;
logo, retumbo de tronos;
¿e dempoixas? ¡Dios del cielo!
Auga a xarros, a canados,
a barreñós; ¡a caldeiros!;
i en medio ?del gran diluvio?,
eu i outro decindo, a berros:
-¡Non é semente de toxo!
-E logo, ¿que cán?
-¡Zamelos!...
Como as duchas nos deixaron...;
por canto val un becerro,
¡non quixera eu que nos vise,
pingando, O Bruxo dos Ermos!;
pro, si as contas non me fallan,
a noite en que atrape ó meigo
xúrolle a palla dos nabos,
(e tamén a do centeo),
que lle hei de untar ben os ósos
¡e máis non ha de ser con sebo!...
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
|
|