Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
SAN PEDRO DE MEZONZO E ROSALÍA |
|
 Cantor da «Vida e dulzura»:
pra che render preitesía
meu estro, en balde, procura
rezusitar a Ternura
saudosa de Rosalía.
Dios Padre, ¡a Salve!..., poñela
sobre a máis remota estrela,
¡chico preito pra te honrar!;
pro en canto a rezaba Ela,
xa esmorecendo..., ¡ai, daquela
te quixera eu incensar!
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
REMEDIÑO CASEIRO |
|
 (A J. Trapero Pardo, pectore toto!)
-Pra librarme dos rigores
dun zunido..., entrado en días,
¿que ensinan rancios doutores?
-Pois...Heráclito, que chores.
-¿E «Pelúdez»?
-iQue te rías!
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
¿QUE DIRÁN? |
|
 ¿Que dirán, que dirán as lindas mozas
de Romariz mañá?
Porque lles din palabra de que iría
á festa do San Juan,
mentras non cerre a noite, dirán elas:
«si non morreu, virá».
I eu ¿que lles hei decir, cando as atope,
para as desenoxar?;
¿que lles hei de decir?, ¡crueles novas!:
que morreu miña mai.
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
|
|
|
|
|