Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
BEN POLA ALMA |
|
 ¡Ai Dios!, i ha chegar a hora
de salir pra dormir fóra...
¡Camiña nova entre cruces!;
en balde che tiran rosas,
en balde che achegan luces.
Ben abertos, ben zarrados,
os olliños dos difuntos
soles che son xa apagados...
E pois, de certo, ás escuras,
festa seremos dos vermes
ó xacer nas sepulturas,
ende nos chegando a hora
de salir -nun cadaleito
de pino-, pra dormir fóra,
Mai de Xesús, ¡leve a palma
entre os vivos, quen ós mortos
nos faiga ben pola alma!
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
O AMOR QUE HA DE SER MEU... |
|
 (Pra Francisco Leal Insua, meu dilectísimo benfeitor e cofrade)
Cal mai que ó desgaire embrulla
seu rei e non o desperta,
como unha bolboretiña
se pousa, como se deitan
na tona das pucharquiñas
livianas folliñas secas,
ou ben como solo sabe
facerlle a luniña festas
cos nacarados dediños
á neve das azucenas,
«o amor que ha de ser meu,
ha de ter a mau lixeira,
ha de pillar unha rosa
sin abalar a roseira».
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
PORQUE NON SON PROFANO... |
|
 Porque non son profano, porque ós meus ollos
de atractivo carecen os mausoleos,
porque en poblado sobran perturbadores,
que nin a paz acatan dos cementerios,
na montuosa terra, nunca explorada,
bendita sepultura merecer quero,
e que o fausto da virxe naturaleza
sea a fúnebre pompa do meu enterro.
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
|
|
|
|
|