Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Escalvada montaña... |
|
 Bóveda, Xavier caro...
Escalvada montaña; mais na cima
¡inda aquel piñeiriño! Lúa o mima
e pérolas mo enfeitan. Nil se reve
saudosa estreliña... Báteo a neve,
i os ¡ais! acorda dos videntes idos,
e dos euros que pasan aflixidos.
¡Nume dos harmoniosos!, Xavier caro,
con este piñeiriño te eu comparo.
?Do Ermo?
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
A brétema |
|
 (Prá miña filla Cándida)
A brétema, ¿tu sabes?, é ceguiña:
os piñeirales pouco a pouco explora,
i anda sempre descalza, e si se espiña,
sangrar, non sangra; pero chorar, chora...
¡Chora copiosamente a pobresiña!,
como chorou Jesús, cal chora a aurora;
i en maus do sol é cada lagrimiña
derramada, unha estrela briladora...
¡Lagrimiñas preciosas!, recollelas
mil veces se me ocurre, pra con elas
facer... (si xa non soño, ¿que eu faría?)
¿unha sarta me pides? Lograreina,
¡como un rei a quixera pra unha reina!,
como nunca se veu na xoiería.
?Do Ermo?
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
|
|