Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os de Noriega e a música |
|

(Santi Noriega, clarinetista)
Os fillos de A. Noriega Varela, Daniel Fernández-Noriega Almansa e Manuel Fernández-Noriega Almansa, toda a súa vida a adicaron á música. A tradición musical sigue da man de Santi Fernández Noriega (Fillo de Daniel) que dende moi pequeniño escomezou a tocar.
Unha contribución máis dos de Noriega á cultura.
[ler nova do xornal] |
|
|
|
Disfrazado ou capturado? |
|
 "raiola de lunar que bica o río,
flor mareliña que entre espiñas chora,
ou das redes da araña un tenue fío,
toda humilde belleza me namora."
Do soneto TODA HUMILDE BELLEZA..., Do ermo, Antonio Noriega Varela.
Achégame esta postal navideña para desexarnos Feliz Aninovo, Antonio Fernández-Noriega Meitín dende a diáspora, con esta formosísima escolma de versiños do noso ancestro á cal lle acompaña unha enxebre fotografía de interrogante título con 'punzante' dúbida.
Agradecidísima tarxeta postal.
¡Feliz Aninovo!
|
|
|
|
Un vinculeiro |
|
 Un vinculeiro
Vive en casa grande,
ten as tullas cheas...
-E ¿que almorza?
-Sorbe
papas sin manteiga.
Pra aforra-los zocos
vai descalzo ás feiras,
ond´ós cochos durme
e sin luz se deita.
¡Este é o vinculeiro
do cimbro da serra!;
vive en casa grande,
ten as tullas cheas;
mais ¡xa pode o demo
cargar coa riqueza!...
A. Noriega Varela |
|
|
|
|
|
|
|
|