Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Deixounos Bernabel |
|
 Fai unhos días que nos deixou para sempre Bernabel, o "rexoubador" da aldeiña de Vilamor. Dende eiquí e agora mesmo rubirei ó ar todo o que íl me ensinou e deixou.
Decote unha semblanza que fixo dos seus conveciños hai máis de vinte anos.
OS LETRADOS
Vilamor é unha parroquia
con tres vilas máis os lados,
mulleres espabiladas
e homes dos máis letrados.
Os do barrio do Chao do Val
son dos que hai máis destacados,
non queren as estradas
por non tirar os balados.
Tamén teremos que falar
das pistas e carreteras,
non queren dar os tarreos
pero, sí pasar por elas.
Tan no medio da lama
por non deixar os balados,
parece mentira neles
despois de ser tan letrados.
Debera dar-lles vergoña
de seren tan criticados...,
na parroquia e fora dela
todos están enterados.
Deixemos as carreteras
falaremos das traídas,
que por certo lles pasóu
unhas cousas parecidas.
Cando da Fonte do Cura
a iauga querían levar,
por seren tan espabilados
tivéron-a que deixar.
Con moita cara... de risa
a Bernabel lla pidiron,
facéndo-lle mil promesas
das que ningunha cumpriron.
Díxolles que prá regar
a iauga non lle la daba,
porque senon polo vrau
terían que racionala.
Eles dixeron que non
e déulle-la regalada,
lavan e regan con ela
e de vrau non chega a nada.
Empezaron a facer
depósitos clandestinos,
anque Bernabel non a tiña
eles taban ben servidos.
A outra finca á foi buscar
e atopou un maniantal,
prá poñela prá il só
como e cousa natural.
Xa debedes enterarvos
que a algunhos se lles valera
Bernabel era o primeiro
que tiña que ir o río a ela.
Foi o pago que lle deron
por dárlle-la regalada,
fóra-lle moito mellor
deixala tar como taba.
Aquí remata señores
este caso verdadeiro,
cando entredes á parcería
pensádeo ben primeiro.
Bernabel
Gloria ao poeta autodidacta!
|
|
|
|
Esforzadas mulleres |
|
 Vexo a neve, vexo a neve
no curuto da montaña,
e de vosoutras me lembro,
toscalleironas rapazas,
que vides, nos derradeiros
de Agosto, prás ledas praias,
onde a musa dos picoutos
triste, com´os pinos, canta.
Ben de vosoutras me lembro,
lémbrome das noitres craras,
das vagarosas cantigas,
dos salouquiños da frauta,
e dos bravos aturuxos,
que ás gueivotas axotaban.
I agora que o sol se esconde,
agora que o sieiro avasa,
¡nin eu sei canto daría
por vervos no mar, serranas,
hastra o pescozo metidas
i escaldrufando na iauga!.
¡De Dios!, ¿que non leva xeito?,
¿que anque Xudas ma inventara?,
¿que malos ollos me vexan?,
¿que feros lobos me sallan?.
Menos bulla, carpazonas,
¡tede tino coas palabras!:
é bouba canto vos dixen,
pero ¡oíde!, fóra chanza:
moitas nenas da mariña,
así haxa neve de a cuarta,
i os caramelos nas fontes,
i o demo ceibo na barra,
n´atarrecen xuntar ouca,
nin subi-lás penas altas,
loitando coas nordesías
que lles fan verque-las bágoas;
e si o mar n´a cuspe fóra,
¡e íspense pra entrar nos rolos
sin andar erguendo as saias!.
A. Noriega Varela |
|
|
|
De neniño, chamou o gado... |
|
 Neniño, chamou o gado;
ós dez anos foi á sega;
ós vinte cunha brañega
saleu da igresia casado;
despois, ¡cincuenta co eixado
virando o monte!... A doniña
eivouse, ora com´a tiña
son pra el os fillos, xa apea
i o rasca-bolsas da aldea
moito lle rolda a casiña.
A. Noriega Varela |
|
|
|
|
|
|
|
|