Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

NON SABE A FROR...

(De Lamartine)

Non sabe a fror quen manda a lus do día,
nin quen espalla o néctar que a delecta
ó vir raiando a aurora;
i ela agradece as lágrimas que acepta,
i ela as convirte en bálsamos que envía
¡ó Misterio que adora!...

Do Ermo
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 05-12-2020 20:55
Ligazón permanente a este artigo
COMO CHOVE MIUDIÑO...

Vagaroso chover: Este zarzallo
que alxófares espalla, de mansiño,
é bendición de Dios i é un irmauciño
das lágrimas, da brétema e do orballo.

O-ceio inda non ten outro agasallo
mellor pra demostra-lo seu cariño
ás froliñas da urce i ás do espiño,
i á ramaxe pomposa do carballo.

E Galicia, sin par, onde eu nacera,
tralo rico presente, quizá espera
do irmau sol, rei da luz, unha raiola...

¡Quizá!, pois xa notou a ialma miña
que, si adoita de estar na cruz soliña,
ó sentirse feliz, non quer ser sola.

Do Ermo
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 02-12-2020 19:54
Ligazón permanente a este artigo
AS CASAS DOS BRAÑEGOS...

As casas dos brañegos son santuarios:
¡oh, que longos resarios
vellos e novos, na cociña xuntos,
rezan, de noite, cabo da fogueira,
pra que a Reiniña queira
apiadarse das almas dos difuntos!

Do Ermo
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 02-12-2020 19:53
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0