Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
LEMBRANZAS |
|
 ¡Oh, divina Saudade!, compañeiras
che eu mostrara, si é certo que as precuras:
son cal rosas cortadas das roseiras,
estreliñas ausentes das alturas.
Lembranzas son de lindas pegureiras,
de fascinantes, meigas criaturas,
que en noites de lunar das Coruxeiras
baixan ó fiandeiro de Cesuras.
A lúa cheia bríndalles raiolas,
mentras, solene, as ve camiñar solas;
pero entóldase axiña... Coma bruxos
aparecen arteiros rondadores...
Elas cantan, i os bravos aturuxos
turban a paz dos pinos fungadores.
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
ELAS CANTAN |
|
 Fai un lunar coma día,
i as nenas das Coruxeiras
baixan cantando prá fía.
(Primeira versión)
‘Sin título’
Fai un lunar coma dia
e as nenas d'as Coruxeiras
baixan cantando pr'a fia.
Escolmadas trouladoras:
xuro a Dios e poño un peso
que algun majo fai chatolas
cos dentes, por non poder
achegarse, qu'esta noite
ha d'haber... o qu'ha d'haber.
¿Aturuxan? É sabido:
quen pase d'a Margarita
¡vai de fuciños pr'o rio!
(Nova versión)
‘Lua cheya’
Fai un lunar coma dia
y-as nenas d'as Coruxeiras
baixan, cantando, pr'a fia.
Chilreadoras, ben vos oyo!,
e d'o xentil pintasilgo,
que ven fuxindo, me doyo...
(Cantar popular recollido por Noriega)
As nenas d'as Coruxeiras
dicen que non beben viño,
e debaixo do mantelo
levan o xarro escondido
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
A LUZ QUE É TÚA |
|
 Tamén a luz da ialba te hermoseia;
mais a que te sublima, a luz que é túa
íntima devotiña, bruta aldeia,
vén dos ermos inhóspitos da lúa...
De balde a acolles, o sembrante serio,
de balde a encaras, a mirada fría;
seu sorriso te atrai... Un cementerio
non che inspirara máis melancolía...
Nos brazos do luar esmaecida
te ve meu nume, en fin: da túa vida
restan solo salaios dunha fonte,
i os queixumes daquel piñeiro grave,
que, por ser torto, non valeu pra trabe
dunha ermidiña que coroa o monte.
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
|
|
|
|
|