Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

REMEDIÑO CASEIRO

(A J. Trapero Pardo, pectore toto!)

-Pra librarme dos rigores
dun zunido..., entrado en días,
¿que ensinan rancios doutores?
-Pois...Heráclito, que chores.
-¿E «Pelúdez»?
-iQue te rías!

Do Ermo
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 02-01-2021 19:42
Ligazón permanente a este artigo
¿QUE DIRÁN?

¿Que dirán, que dirán as lindas mozas
de Romariz mañá?
Porque lles din palabra de que iría
á festa do San Juan,
mentras non cerre a noite, dirán elas:
«si non morreu, virá».
I eu ¿que lles hei decir, cando as atope,
para as desenoxar?;
¿que lles hei de decir?, ¡crueles novas!:
que morreu miña mai.

Do Ermo
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 02-01-2021 19:40
Ligazón permanente a este artigo
SANTIÑA...

Santiña churrusqueiriña,
maja Virxe dos Remedios,
a miña mai -santa amiga,
que de Dios goce no ceio-
xa saberás que a levaron,
tras da cruz, pró cemiterio;
i ora, si Tu no me amparas,
desamparado me vexo,
i ora, si no me recolles,
quen me recolla non teño,
santiña churrusqueiriña,
orgullo de Mondoñedo

Do Ermo
Antonio Noriega Varela

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 02-01-2021 19:38
Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [138]
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0