Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Fontiña da Fala |
|
 A "Fontiña da Fala"
"Deu-nos a Fonte do Sapo
un maeso da linguaxe,
que nos troca o castrapo
pola fala, mailo traxe."
Ledos lembramos os de San Martiño
os salouquiños da gaita de Ramón,
cando nos cautivaban o corazón
os meigos airiños do "Centiño".
Ben poden agora..., os de "Adelán"
deixarche que lles toques a zanfoña;
das vellas costumes non teñan zoña
e baile a muiñeira hastra o capelán.
Con paixón, sempre apreixando verbas
enveredaches musas acabruñadas,
qu´en zoquiñas van choutando polas herbas.
E nos vales do "Ouro", (magulladas)
a enseña i a terra nosa ergas
i, o máis Ramón..., ¡sonche trangalladas!.
"Airiños do Centiño".
|
|
|
|
Fermosos olliños |
|
 Coa capacidade que temos de ver
de poder ollar a tódalas xentes
as cousas fermosas cos ollos coller
e sentirnos ben dabondo pacientes.
Ollar paisaxes para nos entreter
pensar que as árbores son axentes
que as súas follas nos queren prender
e que as raiolas do sol fiquen quentes.
Os regatos semellan esmorecer
esbencellándose polas pendentes
pra máis adiante voltar a aparecer.
Os animais non deixan de correr
entre as árbores mais reverdecentes
onde xamais se chegarán a perder.
|
|
|
|
Amorodos |
|
 Amorodos das silveiras
vermellos entre as folliñas
verdes das primaveiras
pras merendas das neniñas.
Cando eu era neno íamos polos balados dos camiños apañar amorodos para merendar. Ensartábamolos nunha herba para despois lavalos e votarlles azucre nunha taza. Ainda hoxe nas aldeas das ribeiras do Masma anda a xente a apañar neles.
¡Terriña a nosa!
|
|
|
|
|
|
|
|
|