Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
D´o Natal |
|
 A espiña do verde toxo
(Pra Julia Minguillón de Leal Insua, espiritualísima pintora gallega)
(Navideña)
Nos petruciales escanos
folguémonos tras do lume,
que, ó cabo de centos de anos,
¡n´hai outra festa, paisanos,
de máis süave perfume!
A incredulidade hostil
tapa a cara co mandil,
e dos montañeses lares
fuxe, porque son altares
do meu Neniño Xentil.
Donde o lobo ronda a ovella,
fan as tadiciós borralla
cos marcuriaos, coa nocella,
¡co demo, que se enguerella
no probe leito de palla!
Donde o lobo ten o tobo
-pintasilguiño no ovo-,
vai drento dos corazós
o Maior Fillo de Dios,
o Máis Humilde do pobo.
Sin quita-las maus do eixado,
aínda sin haber leído,
comprenden ó Ben Amado
¡os que máis teñen chorado!,
os que máis teñen sufrido...
Millor o entenden, quizais,
que os que coidan saber máis
e se precian de doutores,
os brañegos cavadores
i os rapaciños i as nais...
Bon Xesús é o Salvador
do mundo, ¡e ninguén mellor
que eles sabe traducir!,
feridos por desamor,
conformes co seu vivir...
Ponlles o significado,
escrito con sangre roxo,
no peito esbragoletado,
a espiña do verde toxo
que apañan pra estrar o gado!
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
|
|
2 |
É unha ledicia ollar a Cruz da Campá por estes lares.
Meu queridiño, os versiños son fotos da prensa local de Mondañedo daquela época.
Cru#blgtk08#zado, Defensa, Justicia e La Voz de Mondoñedo.
Abofellas que había xornales en Mondañedo oh!.
Agarimos dendas ribeiras do Masma... |
|
|
Comentario por Pepe das Arieiras (24-04-2010 09:59) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|