Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

* Bardo da Montaña *
ALBA SIERRA FERNÁNDEZ-NORIEGA
Fillo do corazón?

Fillo do corazón, que nas meniñas
dos teus ollos levache os meus amores,
descansa eternamente sobre frores,
que eu non te hei olvidar entre as espiñas.

Si as bágoas de túa mai e as bágoas miñas
non te resuzitaron? ¡xa n´acores!;
este mundo é o liñeiro das delores,
e o ceio ¡fíxoo Dios prás estreliñas!?

A Virxe te acobexe co seu manto,
e, xa que é tan cativa a miña sorte
que no me valeu nada achousar tanto,

¡pide que a triste vida se me acorte!:
mellor quero ir parar ó campo santo,
que vivir recordando a tua morte.


A. Noriega Varela
Do Ermo

"Éste mundo é o liñeiro das delores". Atras quedan os amenceres na serra? as pombiñas bravas? as pedras húmidas do camiño? O ?Cantor da montaña? é tamén o cantor da dor? o cantor do recordo, da vida? e da morte. As bágoas inundan de tristeza estes humildes versos? as frores sinxeliñas, orballadas, que tanto protagonizaron as súas composicións, fan agora de leito?

Esa facultade de Noriega Varela de achegarse ó pobo coas súas palabras sobrepasa os límites con este soneto. A un lado queda o costumismo da súa obra, tamén o ambiente rural. El é a dor, nada máis fixo falta para dar lugar a este poema e chegar ó corazón dos lectores. Poesía.

Descansa no campo santo Noriega?

Alba Sierra Fdez-Noriega

Comentarios (2) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 02-02-2010 11:53
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Este poema, é unha boa mostra, da dor que debe de sentir un pai, ou nai, ao perder un fillo. Dor que Noriega debía #blgtk08#de coñecer ben, logo de perder ao seu primeiro fillo, pouco despois de nacer, cando ainda era mestre en Foz no 1903
Comentario por Gonzalo Villarmea (02-02-2010 20:06)
2 É unha ledicia ollar aínda hoxe en día, xente coma Alba, reflexionando sobor das cousas sinxelas, e, xente coma Gonzalo que as segue fidelme#blgtk08#nte a pesares de que somos minorías.

Endexamais deixedes de lado as cousas sinxelas e pequerrechiñas, ás que adoraba o poeta.
Comentario por Rosendo de Padornelo (02-02-2010 23:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe. É un filtro anti-spam. Serve para comprobar que é unha persoa e non un programa spam.)
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0