Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
AS RAPAZAS E AS TRAÍDAS |
|
 Das rapaciñas solteiras
temos moito que contar,
e non contaremos todo
porque algo hai que deixar.
Escomezaremos dicindo
que sempre houbo distas cousas,
andar entre compañeiras.
criticando unhas as outras.
Hai unhas que teñen mozo
hai outras que están sen nada,
menos mal que se aguantan
sen tirarse a desbandada.
Non quero contar mentira
nin tampouco criticalas,
pero as que pasan dos ?trinta?
xa están ben preocupadas.
As que teñen amistá
esas non teñen apuro,
pero estarían máis tranquilas
se o tiveran máis seguro.
Hai-nas que saen as festas
domingos e días santos,
polas trazas que lles vexo...
han quedar prá vistir santos!.
Deixaremos as rapazas
que descansen un pouquiño,
e que Deus se encargue delas
e as leve por bo camiño.
Falaremos das traídas
agora que está de moda,
todos queren a auga
pró non lla dan "á escola".
Fixéronse varias xuntas
haber que a xente opinaba,
pero sempre veu quedando
que naide quería dala.
A escola queda sen auga.
Cando a tiñan conseguida,
unha noite de luar
romperon a tubería.
Saíron varios veciños
arranxar na ?Carballeira?,
dende que mediron a auga
dixeron desta maneira:
A fonte é abundante
pero é mellor axustala.
Temos que poñela axiña
senon quedamos sen nada.
Acordaron entre todos
avisar ós ?contratistas?.
Cando os tiñan avisados
presentáronse ?Os Maristas?.
De chegada xa dixeron:
puidestes ir máis despacio,
non sabedes que ista auga,
perténce-lle ?Ó Palacio?.
A ouvilos desta maneira
todos quedaron calados,
e tamén xa lles dixeron
que foran ós avogados.
A auga naide a usaba;
e como taba a barbecho,
agora danse de conta
que perderon o ?derecho?.
Menos mal que non lles pasou
coma os veciños de ?Vigo?,
que anque é un barrio pequeno
é bastante divirtido.
Despois de estar todo feito
fixeron un alboroto,
que cando se deron conta
xa estaba o depósito roto.
E tamén no ?Coto? houvo
unha grande revolución.
Parece que todo foi
por haber falta de unión.
Acadaron de poñela
despois de moito reñir,
parouse varias veces
e na querían seguir.
Os veciños de ?Seivane?
tamén se descompuxeron,
por culpa de dous ou tres
según por ahí dixeron.
Hai un ano que a escomezaron
e debían rematala,
pero os que regan con ela
son os que non queren dala.
En ?Pedrido?e no ?Reguengo?
puxérona entre os veciños,
sen reñer uns cos outros
e todos moi caladiños.
Falouse de poñela.
Todo o mundo o aceptou,
escomezaron os traballos,
e naide, naide protestóu.
Ós veciños de ?Guillade?
fixéron-lles repartila,
unha pouca vai pró prado,
e a outra pouca prá traída.
Estes tamén se moveron
prá coller a mitá dela,
se non chegan a espabilar
habían mirar prá ela.
Tamén os do ?Chao do Val?
tiñan moita gaña dela,
pero da ?Fonte do Cura?
non lles deixaron poñela.
Non ter auga os veciños
é unha cousa impropia,
e non deixarlles poñela
é vergoña prá parroquia.
Algún que se da de listo
facíanos unha aposta:
ha que se quedan sen auga?.
E que na darían posta.
Os que se teñen por listos
gústalles metela pata.
Aquí tamén lles salíu
o tiro pola culata.
Bernabel xa pronosticou
non de calquera maneira:
que a auga pró ?Chao do Val?
ha levala quen a queira.
Bernabel
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|