Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Coplas lixeiras |
|
 AS CABRAS DE REGO
Compaixón pido señores
un momento por favor,
prá lles poder explicar
este ?cuadro? de moita dor.
Un mércores pola tarde
do outro mes que pasóu,
no barrio da ?Ferrería?
así a cousa escomezóu.
Cando pasei por ?Viloalle?
ouvín a xente chorar,
pregunteilles que pasaba
e puxéronse a contar:
¡Estamos moi disgustados!
así todos me explicaron,
os cas do ?Palacio?(1), a ?Rego?,
tres cabras lle mataron.
?María de Teixeiro?,
foi a primeira en chegar
ó lugar do accidente.
A ?Rego? foron avisar
pró, non estaba na casa,
que estaba aló na ?Campá?.
Remedios do ?Moxeno?
foille dar a novedá.
?Rego? quedóuse cortado,
e non dixo nin palabra
por morréren-lle os dous chivos
e máis morrer-lle a cabra.
Pasados vinte minutos
xa ?Rego? reacionaba.
Díxolle a ?Suso de Rexes?
se no seu coche o levaba.
Marcharon os dous xuntos,
por certo, moi apurados,
cando chegaron á casa
xa os tiñan desangrados.
Desangróunos o ?Moxeno?
cando mesmo se enteróu;
anda sempre preparado
e xa na gorxa os picóu.
-¡Así non estóu conforme!
dixo ?Rego? no momento,
ti lévame a Mondoñedo
que vou dar coñecemento.
Díxolle ?Rexes? todo serio:
-¡Non é por non te levar,
pro con dar coñecemento
pouca cousa vas gañar!
Marcharon pra Mondoñedo
e á Garda Civil lle levaron,
os datos daquelas reses
que os animáis lle mataron.
Tiñan avisado ?Ó Blanco?
prá que fose preparalos,
dera permiso o forense
que xa podía levantalos.
?O Blanco? foi o encargado
(por ser un bo comprador),
de pelalos e pesalos
e ademáis foi o tasador.
?Rexes? colleu a carretilla
ca que os tivo que carrexar,
como a ponte era de tablas
?Rego? tamén foi axudar.
Como eran de primeira
logo viñeron visitalos,
entre voltas e revoltas
non se foron sen probalos.
?Rexes? estivo mediodía
traballando de taxista.
Sen pagarlle a gasolina
levouno con toda a vista.
Mais ?Rego? tamén lle dixo:
-¡Algo che teño que dar!,
que tamén as miñas cabras
as viñéron aboar.
Trouxéronme unha ?cocha?
por matarme os animales,
e máis deixáronme a carne
destes tres exemplares.
Saíu ?Pepe de Eladio?
todo cheo de razón,
coa porca do ?Palacio?
metida no seu furgón.
?Rego? xa está máis contento
por gañar desta maneira,
a carne das tres chivas
máis a cocha parideira.
?Ariverto? tamén me dixo:
-Eu xa tamén espabilei,
sempre co coche cargado
e nunca nada cobrei!.
Tamén lle dixo a un veciño:
-¡Isto eu teño que arreglalo.
Como é tan aproveitado
xa ten outro sitio buscado.
Aquí se acaba señores,
este conto verdadeiro,
que dentro de poucos días
?Rego? queda sen obreiro.
(1)Pazo do Bo Aire-Masma
Bernabel |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|