Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

O PERCHERON

Xa estaredes enterados
da vida do percherón,
que levaba trinta anos
cobrando a xubilación.

Un día pola mañán
non probou nin a cebada,
foron chamar a Don Pablo
¡a saber o que lle pasaba!.

Desque o miróu díxolles:
eu voubos desenganar,
o poltro ta moi enfermo
xa non lle vóu recetar.

O que podedes facer,
(que non me parece mal)
chamade a Don Saturnino
haber si vos dí igual.

Chámaron a Don Saturnino,
miróuno moi ben mirado
pero logo lle notóu
que xa estaba enqueixelado.

Non lle tedes que facer!.
Non gastedes máis diñeiro,
se non vos creedes en min
chamade o manciñeiro.

Chaman a ?Antoño de Seixo?
que xa lles dixo o chegar:
Atrás dos vitirinarios
non sei que veño buscar!

Ben pode ter conxestión
ou pode ser pulmonía.
Ó ter os ollos cerrados
tamén pode ser ?manía?.

Quixo poñelo de pé
pero non se levantaba,
facía máis de seis horas
que o percherón xa finara.

O que podedes facer
dixo Antoño mais tranquilo:
só ás vosas amistades
debérades repartilo.

Escomezade polo pedaño!
díxolles o repartidor,
e levádelle o solomillo
por ser o anaco millor.

E ós veciños do pedaño
non os trataron tan mal,
que lles deron un lacón
do percheron semental.

Un xamón veuno buscar
Demetrio na furgoneta,
repartíu prás tres tabernas,
pró ?Gorrete? e máis prá ?Jeta?.

?Xosé de Xorxe? e máis David,
Dulcideio e Xosé María,
foron buscar os miudos
entre os catro á parcería.

Prá ?Sevilla? e prá ?Sidoro?
e máis prá Xosé Ramón,
o fillo de ?Pardiñeira?
levóu o outro lacón.

Tamén ?Ramón de Murado?
a cabeza foi pedir,
e despois cos seus cuñados
non a quixo repartir.

E ?Xesús do Camaruxo?
non probóu o percherón,
porque dixo que non iba
buscar a súa ración.

A pel hanlla dar a ?Seixo?
porque xa a tén ben gañada,
cando foi ver o cabalo
tampouco non cobróu nada.

E dixo o repartidor:
O pescozo e prá ?Falcón?,
(acordóuse que sacara
do canal ó percherón).

Os veciños do ?Castro?
foron máis espabilados,
levaron prá repartir
as costelas dos dous lados.

O fillo de ?Magín?
e máis ?Lino da Penela?,
foron reclamar ó ?Castro?
duas raciós de costela.

Pró barrio de San Andrés
mandaron outro xamón,
non fai falla decir quén
meteu recomendación.

?Basanta? por infeliz
non levou a mellor ración,
porque lle deixaron o rabo
do semental percherón.

Xa sei que moitos veciños,
do reparto, as queixas dan,
porque os había máis cerca
sen chegar a ?Padriñán?.

Teñen que darse de conta
que non é cousa impropia;
haberá que respectar
ó mandamáis da parroquia.

No Lodeiro quedan todos
sen proba-lo percherón.
De protesta van facer
unha gran manifestación.

Os que quedan sen nada
xa non poden discutir,
a pouca carne, prá moitos,
e moi mala de repartir.

Pra deixalos a todos contentos
houbo de ser moi amable.
Se non vai ben repartido
?O Pito? foi o culpable.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 27-02-2009 11:31
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe. É un filtro anti-spam. Serve para comprobar que é unha persoa e non un programa spam.)
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0