Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

O POLTRO DO MUIÑEIRO

Este caso que vos conto
pasou alí no ?Ludeiro?,
que se víu moi aburrido
o poltro do muiñeiro.

Tan aburrido se víu
que sen esperar máis nada,
tiróuse el só na presa
co ramal i a cabezada.

Enteráronse os veciños
do accidente que pasara,
deseguida saliu ? O Polo?
coa noticia prá ?Seara?.

Vídevos agora mesmo
e traguede un adibal,
que se tiróu de aburrido
o percherón no canal.

Eran vintecinco homes
tirando polo cabalo,
pesaba ?corenta kilos?
e non o deron sacado.

Chegóu o xenro d´o ?Pito?
correndo dende a Retorta,
prá lle achicar a iauga
e que pechase a comporta.

Prá que saíse polos seus pés
púxolle a escada na veira,
intentóuno varias veces
pero non houbo maneira.

Unha escada pró cabalo?.
Eso é cousa dun tolo,
se lle puxera cebada
había subir el solo.

Ó lugar do accidente
chegóu ?Xosé de Falcón?,
traguía a carroceta
prá sacar o percherón.

Dous adibales dobrados
fan-nos falla prá amarralo.
-Asentade a carroceta,
senon non poido sacalo.

Enganchóuno coa pluma
prá podelo levantar,
inda que era ?moito peso?
por fin, logrouno sacar.

O subilo coa pluma
foi unha cousa ideal.
?Falcón?salvóulle a vida
a este percherón semental.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 27-02-2009 09:26
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe. É un filtro anti-spam. Serve para comprobar que é unha persoa e non un programa spam.)
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0