Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

OS MOZOS DE OIRÁN

En Oirán hai unhos mozos
que che poido asegurar
que non votan nunha moza
por na querer procurar.

Se lles falas de beber viño
con eles tés amistá
se lles falas das mulleres
parece que tanto lles da.

É que levan moito tempo
amañándose sen elas
e como están tan afeitos
fuxen de xunto delas.

Pensan facer entre os catro
un xoven cuarteto vocal
prá salir tocar ós bailes
no tempo do Carnabal.

A min xa me preguntaron
quen son ?os catro gaiteiros?
vou decilo agora mesmo
cos seus nomes verdadeiros.

Un é, Domingo de Damasio,
o Montañés, o que lle sigue,
Orcesino de Marcelo
e máis Xosé de Lexide.

Orcesino toca a caixa,
Domingo toca o trombón,
Xesús toca o clarinete
e Xosé o saxofón.

Entre todos discurriron
unha noite na taberna
que pra carretar o viño
levarían a cisterna.

-Xosé non é bebedor!
así dixo o Montañés,
pero se el non o bebe
bebémolo entre os tres.

A Xesús do Montañés
según a min me contou,
Don Ponciano cásao gratis
pero el non lle aceptóu.

Di Portela pra animalo:
-Tu se te queres casar,
unha barrica de viño
tampouco che ha de faltar!

Hei de buscar unha muller
que seña traballadora,
anque seña muda é xorda
ou seña mal comedora.

Se non é desta maneira,
heino pensar ben primeiro,
que prá traballar prá ela
tamén me quedo solteiro.

Con isto da democracia
terán muller pra se casar,
o que non queira procurala
un imposto ha de pagar.

As rapaciñas solteiras
con boa cara non os ?miran?.
E anque as vexan ó xeito
nin unha gabanza lles tiran.

Todos son libres de quintas,
pouco han de esperar,
dentro de moi pouco tempo
de moda se van a pasar.

Xa non se alcontran agora
destes rapaces formales,
que prá estar a ben con eles
das mulleres, ...nin lles fales

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 12-02-2009 17:25
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe. É un filtro anti-spam. Serve para comprobar que é unha persoa e non un programa spam.)
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0