Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Ilustre

UN HOME ILUSTRADO

Do barrio de Villapol
haiche moito que contar,
non o contaremos todo
porque algo hai que deixar.

Algún home dese barrio
moito lle gusta figurar,
senon cambia de tocata
non sei onde a de ir parar.

A un veciño de Ximil
unhos cochos lle comprou,
e cando llos veu traer
desta maneira lle falou.

Os cochos que trougueches
pode que señan da mesma lei,
pró estou por asegurar
que non son os que comprei.

O señor, aborrecido,
según a min me contaron,
levouno con el a Ximil
prá que ollase os que quedaron.

Non se quixo convencer,
siguiu cabezoneando,
e por facerse o listo
dende Ximil veu andando.

Cando foi mercar o trator
á proba quixo levalo,
e de alí a poucos días
dixo que fosen buscalo.

Prá animalo a que mercara
mandáron-lle outro deseguida,
fixo da mesma maneira
e dixo que non o quería.

Antoxóuse-lle tamén
un bon muiño casero,
despois ós poucos días
tamén dixo non o quero.

Ó veciño llo deixaron
prá que o probase tamén el,
e despois ía moer
o maiz a casa del.

Púxose a sacar o carné
este home ilustrado.
Xa repetíu varias veces,
...inda non deu aprobado!.

Presumía saber moito
de volante e de motor,
-ti tés moito que aprender!
lle dicía o monitor.

Á conta de moitas veces
penso que o deu sacado,
parece mentira nel
...despois de ser un letrado.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 06-02-2009 11:30
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe. É un filtro anti-spam. Serve para comprobar que é unha persoa e non un programa spam.)
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0