Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sanluqueiros |
|
ZOILOS E LICINIOS
I
Contan as vellas historias
que en tempos xa moi fuxidos,
enrevellido de envexa,
filla do malino esprito,
Zoilo escribéu contra Homero
un firente folletiño,
ó que lle puxo por nome:
HOMEROMASTIX. ¡Qué indino!
II
Din tamén que outro escumento
vermecho, Largio Licinio,
-lingua en veneno lixada
e peito de fel tinguido-
compuxo contra o gran Tulio
outro noxento libriño
ó que lle pintóu no coiro:
CICEROMASTIX ¡Que cínico!
III
Ninguén se irrite si ós grandes
roen hoxe algús cativos:
¡Non se finóu inda a raza
dos Zoilos e dos Licinios!
Notas:
HOMEROMASTIX, sobrenombre que
se dió a Zoilo, crítico envidioso de
Homero.
CICEROMASTIX, ?El azote de Cicerón?,
título de un libro que contra
Marco Tulio escribió un criticastro
llamado Largio Licinio.
Francisco Fanego Losada
De Tarsicio Rico nas San Lucas do 2008
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|