Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
PRIMAVEIRA |
|
 'DULCE' DOCE PRIMAVEIRA
A Dulce Mª Fdez-Noriega Balsa
(Entusiasta admiradora)
Olla as folerpas nas cumes das montañas,
(pois non hai primaveira sen marzexadas)
e os tortos carreiros das frolidas brañas
que as pucharcas enfeitan cando hai xeadas.
Oh! Loado sexa Deus! que ainda a miña lira
(nai e natureza) tánguelle ó herbal,
á brétema da serra que co ar xira
i á ténue luz entre os gromiños do 'Pombal'.
Nas Bretañas ás verdiñas carballeiras
-sen máis frores que as enxebres 'dedaleiras'-
píngalle á carriza a rosadiña.
E, así e todo, Oh! Dulce María,
¿non é ledicia esmelgada, a algarabía
do malvís que liba nunha fonteliña?.
J.L. Fernández
Bisneto de Félix Fdez. Varela
Primaveira do 2008
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Pró meigo que pronosticou bo tempo prás San Lucas (Fala un galopín da Marina) Veno a ofrendarche unha alcuza (pra cando haxa aceite), !oh meigo!, que desde q#blgtk08#ue as fas te escondes no fondo dun agulleiro; e que o tena á mau pra untarte túa dona, che recomendo, tralas fregas que te agardan, xa que chas pide o pelexo. |
|
|
Comentario por Erlendmai (10-11-2008 14:16) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|