Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Bernabel troiteiro
O TROITEIRO

Atención pido señores,
un momento, por favor,
prá lles contar a hestoria
dun famoso pescador.

Un martes pola mañá
saíu con toda a pacencia,
¡como tiña o río cerca
foise pescar sen licencia!

Cando levaba pouco tempo
sintíu duas motos rumbar,
cambiáronselle os colores
escomezando a tremar.

O ver que se acercaban
pensóu xa en escapar:
-Mellor é que non o faga
que me poden disparar!.

O home con máis acerto
volveu a recapacitar:
-Como teño a casa cerca,
case os poido invitar!

'Celeiro' tiña máis gana
de comer ca de multar
e 'Fazouro' non quería,
polo que puidera pasar.

Empezóu a rogar neles
pidíndolles por favor:
-Se non vides prá cociña,
vídevos pró comedor!


'Celeiro' convenceu ó outro
e prá aló foron os tres,
sentáronse todos a mesa
esperando o entremés.

Tróuxolles unhos chourizos
que naide quixo probar,
esperaron ó xamón
que tiña prá regalar.

Despois de ben mantidos
'Fazouro' quería-o denunciar,
faltaba o café e maila copa
prá acabar de rematar.

¡Pois tomade o que queirades!,
¡Deixade de denunciar!...
A licencia tén-ma o fillo
que prá mili tén que marchar.

-Pró estará pouco tempo
con iso estou a contar,
pois o probe se non cambia
logo mo han de mandar.

'Celeiro' colleu os datos
prá outra licencia encargar,
-¡Pró cando cha traigamos
volvemos a merendar!

A pesar de todo isto
mil pesetas terás que pagar,
pois votamos moito tempo
no volta que viñemos dar.

Marcharon moi contentos
é il cheo de preocupación,
porque ise non era
o destino do xamón.

Despois, ó día seguinte
todos ían perguntar.
Algún amigo, anque poucos
fóron-no felicitar.

E co dichoso xamón
na casa houbo problemas,
porque era prá regalar
e quedóuse a dúas velas.

Aquí acaba señores
a hestoria do pescador
que si se quedara na casa
fóralle muito millor.
Comentarios (5) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 22-03-2008 12:26
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Cools sitez. Verys beautifullz , #blgtk08#goods dizzying . Im glad for you.
Comentario por Niklassarah (17-09-2008 14:33)
2 ?Ve, quizá, com´os gatos? Cousa é que non entendo; mai sin levar fachuzo nin farolino aceso, pasa a vau os regatos, #blgtk08#logra sortear seixos, non se espina non toxos, i endexamais can fero ousou chantarlle os dentes donde decir non debo.
Comentario por Jomiriam (13-11-2008 12:23)
3 Non embarcan pra Inglaterra ?poneys? pra fidalgos cheos#blgtk08# entre os que viaxou o ?Curda? que nun circo é un bébedo.
Comentario por Erlandoda (14-11-2008 13:46)
4 Para o meu entranábel amiguino Xosé V#blgtk08#izoso sabido, vertudeiro, garimoso.
Comentario por Jakubelena (20-11-2008 13:12)
5 Non quixera eu que nos vise (despois de tanto trafeg#blgtk08#o e aguantar nas molladuras), ?Rosendo do Padornelo?.
Comentario por Vegardmaia (26-11-2008 14:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe. É un filtro anti-spam. Serve para comprobar que é unha persoa e non un programa spam.)
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0