Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
MANUEL FERNÁNDEZ-NORIEGA |
|
 MIMOSIÑAS
Sorteando os rigores do inverno
frolecen as sinxelas mimosiñas
nos aspros lugares agochadiñas
prantándolle cara ás leis do inferno.
Entre augas e orballadas sen goberno
arrecenden as pompas mareliñas
nos eidos das montañas e mariñas
de inquedo desacougo sempiterno.
Enféitase o Entroido de margaridas,
(pequeniñas manzanillas belidas)
que ainda dan os soutos na primaveira.
As requintadas pantallas doutrora
non hai piniqueiro que as leve agora,
nin nas polavilas hai quen as queira.
A Manuel, fillo do Poeta da Montaña
de Pepe, bisneto de Félix
Entroido do 2008 |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|