Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

BEATUS ILLE
Poesía inédita solicitada polo Director do xornal 'A VOZ DO MASMA' J. Isidro Fernández Villalba adicada a Noriega Varela.

PASA O POETA

Para o venerado poeta Noriega Varela
con agarimosa lembranza.

Pasa o poeta nesta alba de gloria
leva un libro na man como unha estrela
que alumea a saudade da memoria

vístese de misterio a luz do día
pasa un vermiño humilde que namora
e un merlo Branco cántalle a María

pasa a noite delgada como un río
quedan as sombras mestas delirando
e o corazón enchóupase de frío

e aparece nos ermos orballada
a ninfa que se fixo abedoeira
e chora a fío en terras de Labrada

pero chega o poeta na luzada
todo se volve flor recendo estío
na rítmica palabra respirada.

Pasa o poeta leva a Deus na boca
a nai no corazón e o fillo morto
e viste de beleza canto toca

viste a nosa Galicia de saudade
de amor de poesía de beleza
alma do Beatus Ille ¡señardade!

pasa o poeta vai ollando o monte
apaixoadamente esculca a serra:
nin hai futuro nin hoxe nin hai onte

agardo o tempo que se fai divino
leva no corazón a paz do ermo
orballa lenemente no camiño

todo mora na alma alí se encerra
a lúa o sol e as aves e esa fonte
que verte amor e bendición na terra

Venerados toxos fontiñas que corren:
Os poetas amados non morren!

Luz Pozo Garza
Abril 2007

Graciñas por tan veneradas lembranzas.
Comentarios (0) - Categoría: UN POUQUIÑO DE TODO - Publicado o 18-02-2008 16:52
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe. É un filtro anti-spam. Serve para comprobar que é unha persoa e non un programa spam.)
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0