Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
PRÓ MEIGO QUE PRONOSTICOU BO TEMPO PRÁS SAN LUCAS |
|
 (Fala un galopín da Mariña)
Veño a ofrendarche unha alcuza
(pra cando haxa aceite), ¡oh meigo!,
que desde que as fas te escondes
no fondo dun agulleiro;
e que o teña á mau pra untarte
túa dona, che recomendo,
tralas fregas que te agardan,
xa que chas pide o pelexo.
¡A bocadiños te coman
os lobos, gran embustero!
Tu dixeche na “Vallibria”
que íbamos a ter un tempo
delicioso prás San Lucas,
¿I acertache? ¡Doute o demo!...
Tódalas lebres corridas
que se emboutan con ungúentos,
cantos graxos hai na vila,
i este cabeza de vento,
no teu agoiro fiados,
moito, ás escuras, corremos
pra amencer o dazasete,
enxoitos, en Mondañedo.
Cantaban as pimpeliñas
i atruxamos nós, tan recio,
que xa as nubes, de mal aire,
nos aires se remexenon...
I, hastra Boimente, un fresquiño;
tras do fresquiño, un lostrego;
logo, retumbo de tronos;
¿e dempoixas? ¡Dios del cielo!
Auga a xarros, a canados,
a barreñós; ¡a caldeiros!;
i en medio “del gran diluvio”,
eu i outro decindo, a berros:
-¡Non é semente de toxo!
-E logo, ¿que cán?
-¡Zamelos!...
Como as duchas nos deixaron...;
por canto val un becerro,
¡non quixera eu que nos vise,
pingando, O Bruxo dos Ermos!;
pro, si as contas non me fallan,
a noite en que atrape ó meigo
xúrolle a palla dos nabos,
(e tamén a do centeo),
que lle hei de untar ben os ósos
¡e máis non ha de ser con sebo!...
A. Noriega Varela
Poemas non recompilados
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|