Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DO TEMPO DOS CACIQUES |
|
 Pró da “Casa das hedras”(*)
Naméntra-los teus lacaios
espallan, a voz en grito,
que te-la chave dos raios,
eu (que xamais te acatara
e non preciso caretas
para defende-la cara)
confeso, perdonavidas,
que quero verche as entranas
entre os corvos repartidas.
Confeso que ten que haber
forza de cabezas rotas
sobre quen te ha de moer.
Que o servo, ¡aquel coitadiño!,
xa che se rubeu ás barbas,
xa che acena co fouciño.
Que predestinado estás
para che peinar o pelo
(o de diante pra detrás...);
¡que te vexo e non te vexo!,
que solo estoupar che queda,
si non colles no pelexo.
Que a aldea, en fin, se fixo ollos,
e que agora pra alzar medas
¡xa adiós parvos!, ¡xa adiós mollos!.
(*) “Que tiña vintecinco chamineas
A. Noriega Varela
Poemas non recompilados
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|