Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A LUZ QUE É TÚA |
|
 Tamén a luz da ialba te hermoseia;
mais a que te sublima, a luz que é túa
íntima devotiña, bruta aldeia,
vén dos ermos inhóspitos da lúa...
De balde a acolles, o sembrante serio,
de balde a encaras, a mirada fría;
seu sorriso te atrai... Un cementerio
non che inspirara máis melancolía...
Nos brazos do luar esmaecida
te ve meu nume, en fin: da túa vida
restan solo salaios dunha fonte,
i os queixumes daquel piñeiro grave,
que, por ser torto, non valeu pra trabe
dunha ermidiña que coroa o monte.
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|