Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

NORIEGA E A TRADICIÓN(4)

(Continuación)

¿Aínda máis dentro señor? Cale desvergonzado sinón póñolle unha mordaza. ¿Qué facía vosté hoxe en Cabanavella, con aqueles que estaban con vosté? Señor íbamos de caza. ¿Cómo de caza, si lles encontraron cartuchos con bala? Señor, era caza maior ¿E por que tiraron ós civiles? Porque nos tiraron a nosoutros primeiro, e ó son que nos tocaron bailamos??.(1)

O prisioneiro chamábase Francisco Novás Pérez. Aparez na coñecida fotografía da partida de 1872, de esquerda a dereita, na terceira fila, o quinto.
Francisco foi bautizado o 7 de mayo de 1848 na igrexa parroquial de Santa María de Viloalle. Naceu a véspera, ás doce do día, pouco máis ou menos. Era fillo natural de incógnito e de Josefa Méndez, solteira, veciña do lugar do Casal. Foi súa madriña Teresa Méndez, solteira, irmá e conveciña da mai do neno.
Á marxe esquerda da súa anotación de bautismo atópase escrito po-lo párroco: ?Este niño fue legitimado por matrimonio de Antonio Novás con Josefa Méndez el 6 de noviembre de 1852, en cuyo acto lo reconoció?.(2)
A finais do século XIX, Francisco Novás residía no barrio do Vilar de Viloalle e atopábase casado con Ramona Rico Fernández.

(1)- ?Xan de Masma?, ?A Besta?, páxina 220.
(2)- Arquivo Diocesán de Mondañedo, libro 3º de bautizados da parroquia de Viloalle (1816/1849), páxina 193 e 193 volta.

?Media hora despois Villarino, corneta da compañía de ?voluntarios da liberta?, e Montero(1) que fora tambor de Peseteros na guerra do 34, tocaban chamada polas calles de Mondañedo. Na praza da Constitución, formaban aquela lexión de guerreiros invencibles, que non tiñan máis uniforme que un kepis ó modo de cazola posto na cabeza, e polo demais, un levaba chaqueta de saial, outro de somonte, outro un xubón amárelo, outro calzós cortos, outro cirolas, e os demais ejusdem furfuris?(2).

(1)- José Montero López era fillo de Francisco Montero e de Dominga López. No ano 1829 achábase casado con Antonia López e residía no barrio do Coto de Otero de Mondañedo. En decembro de 1835, José Montero servía como tambor na compañía da Garda Nacional de Mondañedo. O 15 de xaneiro de 1836, o Consello de disciplina e administración da Garda Nacional por ?justos motivos? decide apartalo da praza de tambor. No mes de agosto de 1836 ocupaba o posto de tambor da Garda Nacional de Mondañedo Antonio Grandio López. Éste era fillo de Juan Grandio e de María Juana López, contaba con 17 anos de idade e anteriormente había prestado os servicios de tambor na vila de Ribadeo. O corneta que tamén se cita chamábase Santiago Villarino.

(2)- Xan de Masma ¡A Besta!, páxina 214.

?Inda me parés que oio falar co Fabillo, un carpinteiro que sempre tiña na casa facendo cuadros, pois a súa manía era ter as paredes cheas de santos. Inda me rio con aquelas sabrosas conversacios entre o carpinteiro que era xordo e don Felis que era tartamudo. Po? po? porra, ¿qué estás facendo?... ¡Fai ben tempo!... si señor?Cu? cu?.cuerno? non che falo do tempo -berraba don Felis- si non do marco que estás facendo. ¡Ai!? si señor? entendo. É o marco pro retrato de Zumalacárregui.(1)

?O Fabillo?, era o alcume pol-o que se coñecía ao carpinteiro e mestre de obras mindoniense D. Pascual Rubiños Luengo.(2) No ano 1906 achábase casado con Josefa Cendán e residían na vivenda señalada co número 6 da rúa da Libertad de Mondañedo (actual Lodeiro Piñeiroa). Do seu matrimonio tivo tres fillas chamadas: Dolores, Concepción e Pastora. Estas dúas coñecidas en vida pol-o que relata esta biografía.
Coñécense algúns traballos realizados por D. Pascual en Mondañedo: No mes de agosto de 1895 remátanse as importantes obras que foi necesario realizar no edificio señalado co número 14 da rúa Marqués de Rodil (actual Guevara) de Mondañedo para ser usada como casa cuartel da garda civil. As obras foron executadas po-lo ebanista e mestre de obras D. Pascual Rubiños, máis coñecido como ?O Fabillo?.
No mes de febreiro de 1906, as paredes que forman o ángulo Sul-Oeste do Pazo Episcopal de Mondañedo achábanse en estado de ruína, cunhas pronunciadas grietas e visíbel desnivel. Perante o perigo de que ocurrira unha posíbel desgracia persoal, a Comisión de policía urbá solicitou asesoramento aos mestres de obras D. Pascual Rubiños e a D. Manuel Real, quenes informan da emerxencia de realizar as tan necesarias obras. Xa en Mondañedo o bispo D. Juan José Solís, encargou a D. Rogelio Castro Torres, mestre de obras de Santiago de Compostela, recoñecer e determinar as obras de reparación e reformas que o estado actual do edificio exixe. D. Rogelio opinaba que coa construcción da nova cociña, retretes, corte, cochera e bodega e as reparacións necesarias das paredes tellado, con 35.000 pesetas eran suficientes. Tamén sabemos que realizou algunhas obras no antigo convento de Alcántara.
Unhas netas de Pascual Rubiños, coñecidas entre nós como ?As Fabillas?, rexentaron durante moitos anos un establecemento de ultramarinos na rúa Xeneral Franco de Mondañedo (actual Alfonso VII), ata que lles chegou a idade reglamentaria da xubilación. Sempre lles mercamos os comestíbels e sempre tivemos unhas inmellorables relacións ata fai unhos anos que finaron e de esta maneira desapareceron de Mondañedo os descendentes máis directos de ?O Fabillo?.

(1). Xan de Masma, ?A Besta?, páxina 145.

(2)- Pascual Rubiños Luengo naceu o 4 de mayo de 1847 no barrio de San Lázaro de Mondañedo. Era fillo lexítimo de Antonio Rubiños e de Angela Luengo, veciños do barrio de San Lázaro.

?Levou as armas desde O Cadramón a Lindín (Veremundo Rodríguez Pillado), unha legua desviado de Mondañedo, e nunha taberna dun afiliado, que despois veu morrer aquí prisioneiro de guerra, e que se chamaba ?O Faeno?, foi o lugar da cita. As catro da tarde, e monte a través, chegou alí Pedro (Xan de Masma), montado no seu cabalo ?Montouto?, unha besta boa e forte. Apeouse o xentil rapaz. Estaba ben locido, cunha zamarra de pelexo de nutria, cunhas botas altas de becerro branco, cun revólver a cintura e cun trabuco colgado da silla que cargaba dazaoito balas?.(1)

A vivenda de Antonio Otero Moreda, máis coñecido como ?O Faeno?, aparez nomeada varias veces na novela, e áchase no barrio do Castro da parroquia de Santiago de Lindín de Mondañedo, en cuxa planta baixa, o propietario tiña instalado un establecemento de bebidas.
Existe unha relación dos efectos e diñeiro requisados á partida carlista de Mondañedo en 1872, máis coñecida como de ?Cornejo?, na vivenda de este veciño de Lindín e que máis tarde foron entregados po-la autoridade militar, asegún e na orde que a continuación se expresa:
Efectos ocupados na casa de Antonio Otero Moreda (A) ?O Faeno?: Ocho sombreros hongos, cuatro gorras de paño viejas, dos escopetas, un revólver, un bote de hoja de lata lleno de pólvora y de peso unas dos libras, otro más pequeño, también con un poco de pólvora, un hasta con otra poca de pólvora, una bolsa de cuero con munición y boquilla de caña del país, y seis capsulas para revólver, que son las que tenía de carga el que se refiere esta diligencia .(2)

(1)- ?Xan de Masma?- A Besta, páxinas 191 e 192.
(2)- Arquivo do Concello de Mondañedo, carpeta 2518.

Lence Santar facía referencias nos seus artigos periodísticos á foto e aos membros da partida carlista mindoniense. Amosamos os nomes e as profesións de cada un deles e do seu capitán, David Cornejo Díaz, militar retirado que se incorporara ao exército carlista no ano 1870 como tenente. Non atopamos ningunha anotación dos zapateiros ?Chirola? e ?Alegria? nos libros parroquiales do arquivo diocesán da cidade de Mondañedo. A primeiros do mes de outubro de 1872 crea esta partida que guiará moi poucos días pois o día 8 de este mes Cornejo é detido mentres que o resto do grupo cae preso tres días despois no lugar de Cabana de Bella, a escasos cinco quilómetros de Mondañedo.

Tralo seu apresamento os briosos carlistas mindonienses son trasladatos ao cárcere municipal para, posteriormente, ser ingresados no calabozo número 7 do Castelo de San Antón da Coruña. Non será o seu derradeiro destino, pois o 16 de abril de 1873 serán extraditados cara á illa de Cuba.

Moito se especulou coa orixe da fotografía oficial desta partida carlista mindoniense e recapitulamos xunto co ilustre historiador D. Xoán Ramón Fernández Pacios a xénese da devandita fotografía. Arestora amosamos unhos datos xa estudatos onde nos din que os muros que vemos detrás dos compoñentes non se corresponden cos que existen no lugar onde foron apresados. Tampouco na casa de Cabana de Bella existen esas fiestras tan grandes. Tanto o tipo de sillares como as fiestras apuntan a que a fotografía debeu de ser realizada diante do Seminario de Mondañedo, algo que semella máis lóxico se temos en conta que dous dos oficiais da partida tiñan contacto con ese centro relixioso-educativo, xa que un era presbítero e outro seminarista. En segundo lugar, na foto aparece o capitán da partida, David Cornejo Díaz, e como sabemos cando apresaron aos carlistas el levaba xa tres días preso, sería imposible que aparecese nunha foto tomada a cinco quilómetros de onde el estaba confinado.

Tamén rexeitamos que a fotografía fose tomada en Cabana de Bella po-la vestimenta e a actitude dos fotografados. Na fotografía orixinal podemos ver como a roupa dos carlistas está limpa e as botas aparecen lustradas, algo impensable se temos en conta que levaban oito días fuxidos po-lo monte, sen comida, durmindo ao raso e soportando a inclemencia do tempo.

A actitude que amosan os carlistas no momento de disparala fotografía reflicte orgullo e determinación. Semella como se fosen gañala guerra, miradas altivas, rostros orgullosos que non se corresponden cunha persoa que acaba de ser atrapada por unha partida da garda civil, oito días despois de comezala a súa guerra.

Da autoría da fotografía varios autores citaban a Santiago Pernas Salazar como autor desta obra, algo que resulta completamente imposible se temos en conta que este recoñecido fotógrafo mindoniense nace en Viveiro no ano 1881, po-lo tanto nove anos despois dos feitos. Santiago Pernas mantiña unha fonda amizade co poeta A. Noriega Varela.

No libro de Antonio Manuel Moral Roncal, Las guerras carlistas, editado no ano 2006 fala desta partida carlista mindoniense e menciona, por primeira vez, como autora a unha fotógrafa mindoniense, Antonia Xosefa Santos García.

O día 14 de decembro de 2011 vendíase un retrato de Carlos VII realizado por esta muller en 45 euros.

Antonia Santos García naceu na cidade de Mondañedo o día 30 de xuño do ano 1831, no ano 1856, segundo o censo de poboación, vivía con súa irmá na rúa das Angustias de Mondañedo; que apareza a irmá como cabeza de familia fainos pensar que ningunha das dúas estaba casada. Supoñemos que a casa da súa irmá era o estudo fotográfico, pero ningún dato nolo pode corroborar, tan só que noutro censo de poboación do ano 1880 atopamos a outra muller, Filomena Díaz Villada, traballando como fotógrafa na mesma rúa. Sería lóxico pensar que esta Filomena fose a sucesora da mencionada Antonia Santos, exercendo primeiro como axudante e posteriormente como fotógrafa no estudo da súa mestra.

A mediados do século XX en Mondañedo créase un novo estudo fotográfico, Foto Celta, que se mantiña grazas ao infatigable traballo de Rosa Moledo, que era a que saía ás feiras e mercados a fotografar, mentres que o seu marido se encargaba dos revelados e da fotografía de estudo.

Do labor de Antonia Santos tan só puidemos conservar dúas fotografías, as dúas vinculadas co mundo do carlismo, tal vez estivese moi vinculada co movemento ou ben tan só sexa unha casualidade, cando atopemos máis fotografías desta muller poderemos dar resposta a esta pregunta asegún nos prometen Andrés García Doural e Xoán Ramón Fernández Pacios.1

(1) Bibliografía consultada: O Gabinete de Foz. Blog personal de Xoán Ramón Fernández Pacios.

Sendo Presidente do Círculo de Recreo (Casino) de Mondañedo o Lic. D. José María Lage Domínguez, o 7 de outubro de 1872 quedou vacante a praza de conserje por ?haberse ausentado? D. David Cornejo Díaz, que a desempeñaba. Foi elixido para substituilo no cargo D. Ramón Pardo Luaces, co haber de cinco reais diarios e con dereito a unha habitación na casa da Sociedade (Libro 2 de actas do Casino de Mondañedo, folio 67, volto). David Cornejo Díaz, natural da provincia de Salamanca, sarxento primeiro mutilado ferido por arma de lume nunha perna, na guerra de África, casado con Dª Ramona Fernández de Noriega, achábase domiciliado no Pasadizo da Praza -actual Noriega Varela-. Polo tanto, era tío político do poeta Noriega Varela.
Cornejo dirixiu esta partida carlista de Mondañedo en 1872, e os seus membros foron feitos prisioneiros no lugar de Cabanadebella (Romariz) e posteriormente foron deportados á illa de Cuba. Cornejo faleceu en Mondañedo, no ano 1900. Do seu matrimonio, non lle quedou descendencia algunha como xa dixemos outras veces.

Por unha nota do Eco de Galicia de 27 de Agosto de 1872 sabemos que David Cornejo foi comisionado:

[Sin perjuicio de publicar más adelante la lista de los comisionados para recibir el importe de las suscriciones en todas las poblaciones importantes de Galicia, con el objeto de evitar á nuestros abonados la molestia de remitirlo, á continuación insertamos los de las cabezas de juzgado de esta provincia.
Lugo, Administración, calle de la Cárcel núm. 2.

Becerreá, D. Vicente Núñez.
Chantada, D. Fernando Otero.
Fonsagrada, D. José Bansanta.
Mondañedo, D. David Cornejo.
Monforte, D. Ramón Cortiñas.
Quiroga, D. Casimiro Corujo.
Sarria, D. José M. Rodríguez.
Rivadeo, Sra. Vda. De Cascante.
Villalba, D. Antonio M. Carreira.
Vivero, D. Benito Quintana.]

O 20 de novembro de 1880 é admitido de novo no cargo de conserje David Cornejo, momento no que lle foi expededido o nomeamento.
No mes de maio de 1882, o conserje do Casino, D. David Cornejo solicita á Sociedade se lle concedan vinte días de licenza para ausentarse da casa para atender asuntos de familia.
O 9 de abril de 1883, presentou por escrito a súa dimisión do cargo de conserje, alegando motivos de saúde. A Xunta Directiva admítelle a súa dimisión e acorda anunciar a vacante nos xornais locais por espazo de oito días (Libro 2 de actas do Casino de Mondañedo, folio 185, volto).
A primeiros do mes de abril de 1883, sendo Presidente da Sociedade Círculo de Recreo de Mondañedo, D. Antonio Ferreiro Hermida, anunciábase no xornal ?O Eco Mindoniense?, a vacante da praza de Conserje da citada Sociedade. Dita praza estaba dotada con 547 pesetas e 50 céntimos anuais e con dereito a unha habitación no mesmo edificio.
Os que se considerasen hábiles para desempeñar o cargo, dispoñían de quince días desde a publicación deste anuncio na prensa, tendo en conta que deben ser maiores de 25 anos, saber ler e escribir correctamente, ademais doutras condicións que lles serían recomendadas.
O 22 de abril de 1883 acórdase nomear novo conserje a D. Enrique Rodríguez, co haber anual de 547 pesetas e 50 céntimos.

A poboación de Palazuelo de Vedija, pertence ás chamadas Terras de Campos, actual provincia de Valladolid. Poboación de pouco máis de douscentos habitantes na actualidade, e atópase moi cerca á de Medina de Rioseco. Nesta poboación castelá aínda existe unha edificación erigida no século XVIII, cun escudo de armas nunha das súas fachadas, coñecida como ?Palacio de Perrote?.
A primeira persoa que chega a Mondañedo co apelido Perrote, procedente da citada poboación de Palazuelo de Vedija, actual provincia de Valladolid, é D. José Perrote Vezos, capelán do recén nomeado bispo de Mondañedo D. Francisco Cuadrillero y Mota (1781-1797).
En 1808 atopámolo de coengo e Dignidad de Maestrescuela da catedral de Mondañedo (1). D. José Perrote finouse o 17 de septembro de 1824 en Mondañedo. Era fillo lexítimo de D. José e da sua primeira muller Dª Lucia Vezos Villarroel, veciños de Palazuelo de Vedija.
Transcurrido un periodo de tempo en Mondañedo, D. José compra unha edificación na anterga rúa da Ronda (actual de Febrero) de Mondañedo, cunha horta amurallada na súa parte traseira, para o sobriño D. Manuel Perrote Choya e axúdalle económicamente a instalar un bo comercio de panos na súa planta baixa.
Nun documento do ano 1853, descrébese físicamente ao seu sobriño D. Manuel Perrote, da seguente maneira: ?Edad, 59 años; estatura, 5 pies; pelo, cano; ojos, castaños; nariz, regular; barba, regular; cara, larga; color, bueno?.
A imprenta e a encadernación que tiña en Mondañedo D. José Pérez Mon foi adquirida o 11 de septembro de 1857 por D. Manuel Perrote, comerciante de panos e por D. Pedro María Romero, Procurador, en 5000 rás. Esta imprenta foi montada na edificación señalada co número 18 da rúa Febrero.
Nun listado de industriais e comerciantes de Mondañedo do ano 1868 aparez citado D. Manuel como comerciante de panos. Tamén aparez a viuva do seu familiar D. Francisco Delgado Perrote, pais do coñecido ?Xan de Masma?, con outro comercio de panos na rúa Progreso. No ano 1871, D. Manuel ocupa o cargo de síndico da Orden Terceira de Mondañedo. En 1877 participou na Exposición Agrícola, Industrial e Artística que se celebrou en Lugo cun caixón de excelentes laranxas da horta da súa propiedade.
O 6 de marzo de 1879 finouse D. Manuel Perrote Choya, solteiro e sen descendencia, deixando a imprenta o os demáis béns a D. Joaquín Candia. De esta maneira desaparece definitivamente o apelido Perrote de entre os habitantes de Mondañedo.
Ás tres da madrugada do 25 de xaneiro do ano 1922 declarouse un incendio na vivenda señalada co número 18 da actual calle Febrero, donde estivera instalada antiguamente a imprenta, destruindo as lapas por completo todo o edificio, inutilizando o valioso material que con todo esmero tiña gardado D. Ramón Robles Cagide, propietario neses momentos de numerosos documentos e moitas pezas de loza de Sargadelos. Cando D. Rosendo Rico, derradeiro propietario, retirou os escombros, para facer unha edificación totalmente nova, apareceron os restos da imprenta.(2)
Tamén procedía desta poboación castelá D. Manuel Delgado, Arcediano de Viveiro e Dignidad na Santa Igrexa Catedral de Mondañedo. D. Manuel finouse o 21 de xullo de 1803 en Mondañedo. Á hora do seu falecemento, o seu sobriño D. José Delgado, ocupaba o cargo de Chantre na catedral de León e o seu sobriño D. Manuel residía en Palazuelo de Vedija.

(1)- D. Enrique Cal Pardo, Episcopologio Mindoniense, páxina 809.
(2)- José Isidro Fernández Villalba, Mondañedo Regreso al pasado V, páxinas 184 e 185.

??Despois os sesenta cregos en dúas filas, facendo dous coros; no medio oito carpinteiros, levando a caixa do morto, pois ali entón non había carro mortuorio, e eran oito en vez de catro porque pesaba como o demo, e cheiraba como un can; detrás os salmistas, acompañados ?do Barrolo?, facendo no figle do sol mi sol do e ?Floupes? (1) co fagot; detrás o obispo, o xuez e o coronel da Zona Militar, facendo de duelo?.

?Floripes? era o alcumo po-lo que era coñecido o músico de capela da catedral de Mondañedo Javier González Moreda, outro personaxe da novela ?A Besta?. Era fillo lexítimo de Salvador González, de profesión xastre e de Josefa Moreda Insua, naturales de Mondañedo. Esta familia resideu durante un tempo na rúa da Ronda (actual Febrero) e máis tarde na de Santo Domingo (actual Leiras Pulpeiro).
Javier ?Floripes?, ingresa moi xoven na capela de música da catedral de Mondañedo como neno de coro. Máis tarde forma parte dela como violón (1842-1867) e como fagotista (1832-1867).
Segundo D. Eduardo Lence, ?Floripes? era un excelente xogador do Tangueiro.
Javier González Moreda ?Floripes?, finouse no seu domicilio dos Remedios, a consecuencia de calentura, o 25 de novembro de 1867, aos 62 anos de idade. Achábase viuvo de Leocadia do Campo. Deixou do seu matrimonio duas fillas: Asunción e Josefa, ambas solteiras.
A súa irmá María, de estado solteira, finouse no seu domicilio da rúa da Ronda o 14 de abril de 1851, a consecuencia dunha epidemia de cólera que afectaba violentamente á poboación de Mondañedo e seus arredores.

(1)- Xan de Masma, A Besta, páxina 233.

?Presentábanse candedatos por M? un señor de Santiago, moi rico e moi bon, dos que non fixeran mal o pobo, dos poucos que perdonaban as rentas cando a cosecha se perdía; dos que creían en Dios; dos que pensaban que a revolución, filla dos masós e do enfermo, non nos iva facer felices. Buscou pois outro candedato que poñerlle diante, e este foi un compañeiro de profesión (abogado), fillo dun comerciante bastante rico (1), e a quen a xente chamaballe Chambriles porque tiña as pernas tortas para fora, facendo un parenteses, o mesmo que son os paus dos que colgan os cochos para facerlles a soá ca brosa? (2).

?Xan de Masma? fala na súa novela dun personaxe que di ser coñecido en Mondañedo po-lo alcume de ?Chambriles? e o seu nome era D. Valentín Patricio Cándido José Martínez Montenegro. D. Cándido naceu no domicilio familiar da Plaza Pública de Mondañedo á unha da madrugada do 9 de marzo de 1831. Foron seus padriños D. Patricio del Seijo e Dª Josefa Montenegro Portilla. Representou durante caseque trinta anos (1871-1899) o Distrito de Mondañedo no Congreso dos Deputados de Madrí. Un comentario realizado por este Deputado mindoniense foi lembrado entre os seus compañeiros durante anos: ?a Cataluña todo se le da sin pedir y a Galicia todo se le niega reclamándolo y necesitándolo?.
No ano 1883, D. Cándido Martínez deixa de ocupar o cargo de Director de Correos e pasa a ocupar unha praza no Consello do Estado.
No ano 1890, a Corporación mindoniense acorda nombralo ?Hijo Predilecto? de Mondañedo. Durante o goberno da alcaldía po-lo médico D. Javier Loira Rúa, retiraselle o seu nome á rúa que o levaba, po-lo do antiguo Cronista D. Eduardo Lence Santar.

(1)- D. Pedro Martínez Pastur, pai de D. Cándido, comerciante de panos, natural de Santiago de Villaodrid, era fillo de D. Ramón Martínez, de profesión ciruxano, natural de Santirso de Abres (Oviedo) e de Dª Juana López de Gegunde, natural de Santiago de Villaodrid. Casado con Dª María Montenegro Portilla, natural de Mondañedo, finou no seu domicilio o 11 de abril de 1851 a consecuencia dunha epidemia de cólera que azotou á poboación de Mondañedo e os seus arredores.
(2)- Xan de Masma, A Besta, páxina 77.

Durante os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 1874, ingresaron por diversos motivos en dependencias do Hospital de San Pablo de Mondañedo, soldatos do Batallón Provincial de Mondañedo, nº 28; do Batallón provincial Sedentario do Distrito de Galicia, destacado na zona de Meira; do Batallón Reserva de Galicia, nº 5 e do Cuarto Regimiento de Artillería a pié, que operaban polo Norte da provincia de Lugo, con motivo da terceira guerra carlista.

Listado de soldados ingresados no citado centro sanitario:

Diego Peñarraña, Ramón Andrade Pérez, José Cebreiro Pérez, José Santar Fernández, Vicente González Gómez, Pedro Díaz Adán, Manuel Ramos Marful, Manuel Lorenzo Mon, Justo Río Rodríguez, Manuel Leiras Cornide, Antonio Pardo Martínez, José Arias Rodríguez (de Villaosende), Antonio Cortiñas Fernández, Juan Fernández Fernández, Juan Díaz Fernández, Luís Seijas Rego, José Rielo Fernández, Romualdo Almarza Bermejo (cabo 2º), Leoncio Fuertes Anido (de Lugo), Juan García Fernández (de S. Simón de Goiriz), Manuel Díaz López (de S. Juan de Castromayor), Bernardo Recalde Vázquez (de S. Adriano de Lorenzana), Benito Cazón Fernández, José Ramos García (de S. Vicente de Cubelas), José Bello González (de Santiago de Villapena), Ángel Tomei Fernández (de S. Eulalia de Bóveda), Luís Trasancos López (de S. Juan de Cobas), Ramón Pérez Álvarez, José Cortón Fernández, Antonio Fernández Fernández, Juan Ares López (de Fazouro), José María Oliveros Cortón (de Sante), Manuel Hermida Goás, Balbino Cancelo Iravedra, Antonio García, Francisco Castiñeira Méndez, Manuel Ramos Leal, Francisco Rivero Cobo, Isidro Méndez, Andrés Marful Espasande, José Rivas Bouso, Benito García López, Francisco Fanego Alcolea, Antonio María Sánchez, José Silva López, Julián López Rodríguez, Andrés Bouso Alonso, Marcos Rego Bermúdez, Manuel Díaz López, José Pico Seijo, José García Gavín, José Pardo López, Joaquín López Vizoso, José Lastra Villamide, Ángel Fernández López, José López López (de la Devesa), José Sueiro Fernández, Manuel Martínez López, Antonio Lamazares Ulloa, Manuel Fernández Rodríguez, José Vázquez Seijo, José Rodríguez Arias, Ramón García Gómez, Domingo Fernández Incognito, José Rubio López, Juan Díaz Fernández, Manuel López Vázquez, Manuel Luengo Galeca, Pedro Campo Vázquez, Manuel Vázquez Fernández, Manuel Taboada Vázquez, Manuel Ferreiros García, Gregorio Sánchez López (cabo1º), Manuel Franco Díaz, Antonio Cabana González, Tomás García Salgado, Ángel López Lamela, Pedro Fernández Neira, José Souto Cabana, Pedro Castro Rubiños, Juan Manuel Suárez, Rosendo García Lois, Juan Pertega Reigosa, Joaquín Rodríguez Novo, Francisco Fernández Rodríguez, Antonio Bouso Pérez, Manuel Núñez González, Antonio Rábade Fernández, José Fernández Vélez, Domingo López Ogea, José Mazaira Vázquez, Justo Ramos López, Laureano Díaz Villamartide, Ramón Reguera Riva, Antonio Corral Incognito, Ramón Hervás García, José Amieiro Palacios, Bernardo Lejo Vélez, Joaquín Barreiros García, Cayetano Freire Rego, Vicente Corral Díaz, Nicolás García Currás, José Díaz Álvarez, Ramón Otero Fernández, José Uría Canoura, Manuel Baña López, Domingo Pardiñas Seijo, Manuel Yáñez Balboa, Ramón Otero Fernández, José Lejo Vélez, Pedro Barrio Fernández (de Seijas-Lugo), Vicente Piñeiroa Otero (1).

(1)- Arquivo Diocesano de Mondañedo, libro nº 6 de ingresos e saídas do Hospital de San Pablo de Mondañedo.

Comentarios (0) - Categoría: DATOS BIOGRÁFICOS - Publicado o 18-05-2019 01:35
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe. É un filtro anti-spam. Serve para comprobar que é unha persoa e non un programa spam.)
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0