Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
PRIMAVERA |
|
 Sañudo o rostro, rúda-las maneiras...,
¿que agoirarás, montaña? Teu desvío
a sangre fría o encaro; mais ¡dá frío
ver ó sol terqueando pra que o queiras!
Nas follas novas das abedoeiras
tremelucen doíñas de rocío,
floresceron as urces, i o bravío
cardo soña igualarse coas roseiras.
¡Oh amada !, ¡triste amada!, ¡desarruga
por Dios, a ialba frente! Ben madruga
ora pra te encantar un pracenteiro
merlo, que Dios bendiga, e tu recollas,
¡maga dos ollos verdes!, entre as follas
sempre verdes do máis xentil loureiro.
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|