Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

XÉNESE DUN PERSOEIRO

Poesía do insigne poeta e maestro mindoniense, publicada no ano 1940 no xornal Vallibria de Mondañedo.

Ollen a xénese de este personaxe que existiu na realidade.


A ?RELINCHA-MORO?

Siti pene enectus

(A frase correctamente escrita en latín vén a ser Siti paene enectus e a súa traducción ?case morto de sede?. Ollen o xogo de palabras e a dobre intencionalidade da frase ao cambiar unha ou duas das súas letras. Esta poesía atópase entre os poemas non recompilados do autor).

***
¡Ei vai un can tundido
detrás do zorro vello!

Nas noites ben escuras
do riguroso inverno
a este ?Relincha-moro?(1)
-do que cucou herdeiro-,
si xa n´o ampara o mago,
axudaraio o deño
pra subir pasadoiros
e saltar os boqueiros.

¿Ve, quizá, com´os gatos?
Cousa é que non entendo;
mais sin levar fachuzo
nin faroliño aceso,
pasa a vau os regatos,
logra sortear seixos,
non se espiña non toxos,
i endexamais can fero
ousou chantarlle os dentes
donde decir non debo.

Cantos máis anos pasan
máis borrachón o endergo.

Seus filliños... ¡en coiro!;
seus haberes, famentos;
deixa as leiras a bravo,
acantoa os aveños,
e si coa mulleriña
do pertegán tropezo,
das varas dun caínzo
con tristura me lembro...

Cantando ?A Chaparrita?
cercado, ¡ai!, de pequenos,
encarouse comigo
inda n´hai moito tempo.
?¡Ora mismiño, dixo,
vas a pagarme un neto!?;
i en canto lle repuxen
?estás com´on pelexo?,
afastouse, danzando,
tras brindarme estes versos:

?Todos me saben
do viño que bebo,
pero non saben
a sede que eu teño...?

***
(1) ?Relincha, Moro?: O seu nome era Vicente López Rico, nado no barrio de O Foro en Maariz (parroquia de Santiago de Mondañedo) o 16 do outono do 1867. Foi labrego. Non lle facía noxos a ningún alcohol bebible, unha afición que o marcou toda a vida. De estado solteiro, feneceu nas dependencias do Hospital de san Pablo de Mondañedo o 20 de maio do 1932. ?Moro?, era o nome pol-o que era coñecido o cabalo que acostumaba a montar, de cor negra e ?pouca alzada?.

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 15-07-2013 14:24
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe. É un filtro anti-spam. Serve para comprobar que é unha persoa e non un programa spam.)
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0