Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

MUSA QUEIROGUENTA...

Pra arredala do seu huraño sino,
de balde foi que se xuntase o medo
coa imponente mudez do ermo penedo,
coa queixa vaga do harmonioso pino.

A musa queiroguenta que me asiste
da rixidez dos montes está ó cabo,
i ama a flor mareliña, porque é triste,
i a presencia do toxo, porque é bravo...

¿Mellor que a lus febea? iCeio torvo!
¿Antes que o pintasilgo? iNegro corvo!
Entre seixos a auguiña que ela bebe;

son breñóso-los cimbros donde inverna,
i é unha moza, descalza de pé e perna,
tripando cardos, ¡¡encarando a neve!!

Do Ermo
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 02-12-2020 19:51
Ligazón permanente a este artigo
AUGUIÑA FRESCA

Sorrisos das do ermo tristes flores,
sorrisos delas i a ternura miña,
i os requebros dos meigos ruiseñores
prá auguiña fresca desta fonteliña.

¿Quen me quer apracer? De gracia a brindo:
bebe, roseira (véxote espirando).
¡Bebe, luar piedoso, e vai sorrindo!
Bebe, almiña, que estás na cruz sangrando...

Ferín meu corazón, i ferino adrede,
pra que saltase a lympha!; ¿quen ten sede?
¡Aquí tódalas vidas dolorosas!

¿Es un vermiño? Deixa que che eu cante.
E tu, que es un leproso, pasa adiante,
e bebe, ¡irmao dos astros e das rosas! ...

Do Ermo
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 30-11-2020 18:33
Ligazón permanente a este artigo
LEVÁNTATE, NEBRA...

¡Levántate, nebra,
do bico da serra!
Aí vén San Martiño
no seu cabaliño,
que te ha de levar,
que te ha de pousar
na tona do mar.

Do Ermo
Antonio Noriega Varela

(Autor da foto: Josele)

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 30-11-2020 14:50
Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [7] [8] [9] 10 [11] [12] [13] ... [49]
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0