Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

AIRIÑOS, AIRES...

Pasan os aires que increpou a ousada
musa que é carpazona de por vida,
pasan ulindo á herbiña ó sol curada,
i á frouma dos piñeiros desprendida.

Saudade, ¡oh, a Triste!, que a espreitar se asoma,
debullándose en bágoas, lles acena
(é súa almiña virxinal aroma,
émulo dos perfumes da azucena).

Acénalles; mais... ipasan! Do Rodeiro
no máis ermo cantiño, un sabugueiro
mostra abelorios nas miudiñas frores...

E ¡nin reparan!, son indiferentes
ó enlevo das doíñas relucentes i
ó pranto que amargura os ruiseñores.

“Do Ermo”
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 26-11-2020 21:32
Ligazón permanente a este artigo
ABRILEÑA

Quixeran ser rigueiriños
i alcanzárano as folerpas;
o meu amor (a montaña)
de balde teimou con elas.

Mentres abril pasa ovante,
pra lle minora-la pena,
branca volainiña a explora,
cándidas nubes ma velan,
i o retamal (seu privado)
albas froliñas lle ofrenda.

“Do Ermo”
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 26-11-2020 21:29
Ligazón permanente a este artigo
TÚA DIVISA

¿Unha fouce? Mais... ¡non! Túa divisa
¡unha cruz sinxeliña!, prenda cara
que a Tradición ó Ermo lle legara
coas lágrimas da aurora i a sorrisa.

Mimosa pasión da alma é a pythonisa
que á singular Galicia benfadara:
doise do sol que morre, non repara
na rudeza do déspota que a pisa.

Dun natural piedoso, que eu admiro,
¡en presencia da Virxen é un suspiro!,
i aínda esmagar un verme lle repuna.

Cos ánxeles das trebas non quer nada,
e mellor que asistindo a unha asonada,
se alcontra, amouchadiña, onda unha cuna.

A. Noriega Varela
Do Ermo

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 30-12-2018 20:27
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0