Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

O irmau de Antonio Noriega Varela

O 2 de Xuño do 2008 Andrés García Doural e José María Fernández y Fernández dan-nos a nova dun dos segredos mellor gardados polo poeta Antonio Noriega Varela. O irmau, do que nunca os biógrafos deron nova algunha, chámase Félix Ramón Pascual, nado o 20 de Novembro do 1871.

En nome da familia moitiñas grazas. Endexamais lles daremos pagado semellante achádego.

Pepe de Noriega
Bisneto de Félix
Mondañedo 2008, Mes do San Xoán

(Na foto, unha neta de Félix, miña mai)
Comentarios (18) - Categoría: ALDEA DE VILAMOR-NOTICIAS - Publicado o 07-06-2008 23:33
Ligazón permanente a este artigo
Mondoñedo na Homenaxe

REPRESENTACIÓN DE MONDOÑEDO NA HOMENAXE DO CONCELLO DE VIVEIRO AO POETA ANTONIO NORIEGA VARELA

Síntome fondamente conmovido como Alcalde e lector de Noriega estar aquí lembrando con todos vostedes a vida e os versos do poeta mindoniense. Eu creo firmemente que Noriega, un dos máis grandes escritores que deu para sempre a língua galega, simboliza moi especialmente o espírito desta Galicia do Norte, que é, amais dun sentido, un crisol dos ecos de todas as Fisterras. Falo da Galicia que vai dende a desembocadura do Eume e do Xubia ata o Eo. Da que ten o seu corazón na Terra Chá e as súas capitais diocesanas en Ferrol e Mondoñedo e a súa porta aberta ás Bretañas, as augas nas que desemboca o Landro, no mar que rende tributo con cada onda e cada marea ás moi nobres terras de Viveiro. Tamén a min me pasa como a tantos lectores de Noriega que conforme os anos, e por tanto a vida van camiñando, sinto a voz do poeta mais cerca, é asi con certa frecuencia, cando no noso Mondoñedo se pón o sol, e a derradeira luz do día vai dourando as torres da catedral que Noriega tanto quería, a min dame por pensar que dalgún xeito non anda lonxe o poeta. Tamén me parece telo visto algunha vez entre as mestas brétemas que envolven as terras desta Galicia do Norte, que é unha Bretaña mais, se cadra a última de todas as Bretañas posibles, camiñando polo medio da braña buscando palabras vellas. E hoxe vexoo aquí, por que en verdade, é moi certo que Noriega vivirá para sempre non solo polo que escribíu, senon por que o seu espírito habita no corazón de todos vostedes. Estou seguro, de que estea donde estea él hoxe, Noriega sentirá a lealdade á súa memoria, e ao seu afecto, e á súa poesía, que quedará para a historia a raiz da celebración de éste acto, porque as cousas que verdadeiramente importan, como a poesía, a amizade, as palabras, e o amor da terra, son para sempre.

Moitas grazas a todos.

Manuel Orlando González Cruz
Alcalde de Mondoñedo

(Fotos no enlace OLLAR FOTOS)
[OLLAR FOTOS]
Comentarios (23) - Categoría: ALDEA DE VILAMOR-NOTICIAS - Publicado o 07-06-2008 11:54
Ligazón permanente a este artigo
ANDRÉS GARCÍA DOURAL

Estreamos un novo apartado no blogue (DATOS BIOGRÁFICOS) ca ledicia que nos fai saber máis cousas do apelido e da familia Noriega. O artífice é o amabilísimo investigador ANDRÉS GARCÍA DOURAL, que se cruzou un día na nosa senda e como vedes, deléitanos desinteresadamente con traballos documentados que é un pracer ter ao noso alcance.

Dende eiquí o noso agradecemento por tan valiosa información de toda a familia Noriega.

Graciñas de todo corazón, Andrés.
Comentarios (0) - Categoría: ALDEA DE VILAMOR-NOTICIAS - Publicado o 10-04-2008 10:13
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0