Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Escomezo do refraneiro
1
Asubíasme de lonxe
como o can que anda perdido;
eu non son muller de caza
que entenda por asubío.

2
Nos meses sen erre,
nin mariscos nin mulleres.

3
Os mariscos queren viño,
que pra auga veñen dela.

4
O que ten bo viño
non lle faltan amigos.

5
O amigo do teu viño
non o queiras de veciño

6
Se así corres como bebes,
imos ás lebres.

7
Pretendinche e non me quixeches,
heiche volver pretender;
non hai lebre que se escape
se o galgo sabe correr.

8
A perdís anda no monte seco
herba seca non a come;
a muller que non ten fillos
logo acaba co seu home.

9
Heiche de botar un tiro
rastreiriño polo chan;
á moza que non é túa
nunca lle botes a man.

10
Debaixo da miña cama
téñoche un niño de lebre
e tí debaixo da túa
telo demo que che leve.

11
Si polo san Xurxo chove,
de cen cereixas quedan nove.

12
Abril traidor;
nos non llo diremos,
inda que ...se non fose por...
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE REFRÁS - Publicado o 11-05-2007 11:53
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0