Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Refranerio nº 2

18
O que quer medrar,
ou na veira do monte
ou na veira do mar.

19
Pascuas molladas
anadas dobradas.

20
O que en xusticia teña que andar,
tres cousas ten que levar:
a verdá, sabela dicir
e que lla queiran dar.

21

O que os vinte non busca
e os trinta non ten,
pouco espera do seu ben.

22
O que os vinte non é home,
os trinta non casa,
os corenta non ten casa
e os cincoenta non é rico,
¡Arre borrico!.

23
O comerciante e o porco,
só se sabe o que ten
despois de morto.

24
O home e o can
van donde llo dan.

25
Por san Xoán
calquera burro
gaña o pan.

26
Se qués saber quen é Paquiño
¡dalle un carguiño!.

Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE REFRÁS - Publicado o 14-05-2007 18:35
Ligazón permanente a este artigo
Refraneiro nº 1

13
Queden con Dios señores
ata o ano que volvamos
e si algún de nos morremos
que no Ceo nos vexamos.

14
Auga en Febreiro
fai bon palleiro.

15
Marzo marzola
trebón e raiola.

16
Abril chorón
de cada un cento un bon.

17
Se ques que o carro cante
móllalle o eixo no río,
despois de eixo mollado
canta coma un asubío.

Comentarios (2) - Categoría: RECOLLEITA DE REFRÁS - Publicado o 12-05-2007 12:29
Ligazón permanente a este artigo
O por que do refrán

O refrán nace do pobo, de un para outro ou de un para un mesmo.

Por eso os hai de tódolos xeitos.
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE REFRÁS - Publicado o 12-05-2007 12:24
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0