Benvid@s ao meu espazo literaro!. Darlles a benvida é todo un pracer para min. Desexo que disfruten deste recuncho. Pouquiño a pouco irei poñendo eiquí todo o que se me ocurra e acade por aí. Non dubiden en poñer os comentarios que crean convintes. Graciñas de novo, por adicarme un anaco do seu tempo!.
Eu coas letras caseque non ouso. Mais teño que recoñecer que emociónanme -coma os salouquiños da gaita- conmóvenme, e eso que non sei outro galego que o que lle ouvín dicir: ¡filliño!... dos beizos de miña nai.
Doume de conta que estou cargado de pecados lingüísticos tales como castelanismos léxicos, morfolóxicos e sintácticos. De dialectismos, seseos, popularismos, vulgarismos, vacilaciós dialectais, eliminaciós e vocalizaciós. De hiperenxebrismos, hipergaleguismos, lusismos, arcaismos e ortografía, etc.
Perdoade!. Non sei -o outro galego- que é o normativo. Sei, sí, que antes de que se escribisen gramáticas galegas, ben nos entendíamos os peisanos; e non fixeron falla regras nin 'raios 6' para que dende as nosas agochadas aldeas saísen perliñas comas que ollaredes velaquí dende arestora en diante.
Son un humilde e insiñificante aprendize, afeizoado -sen pretender louvanza nin mérito ningún- a recoller e apreixar verbas enxebres, contos e versiños saudosos na nosa fala mimosiña.
Creo, que o máis importante é recoller e despois xa virá eso de escribilo con X ou con J e outras garambainas.
Correxídeme cando me trabuque!
Xosé López Fernández de Noriega
Mondañedo(*)
(*)Atrévome a pór MONDAÑEDO por que é como está escrito en moitos libros e documentos antigos e é como dicía meu avó cando eu era neno, é o nome popular de Mondoñedo. In memoriam!