Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Contos do Pechereno nº 2

A confesión do tolo

Confesábase un día un tolo, e preguntáballe o crego:
-Oiga, señor cura, andan dicindo por aí adiante que é pecado comer carne na corentena.
E o crego díxolle:
-É pecado mortal!.
-Enton ?volvéulle a perguntar-, ¿e a que queda no medio dos dentes do xoves pra o venres, é pecado comela?.
E o crego respondéulle:
-Non, ho. Esa pódela comer a confianza.
-Enton eu tamén podo comer un touciño que deixéi entre os dentes da grade.

O Pechereno das A.
Comentarios (0) - Categoría: CONTOS - Publicado o 22-05-2007 16:27
Ligazón permanente a este artigo
Contos do Pechereno nº 1

O sogro vello e a nora

Unha vez era un velliño que tiña un fillo casado na casa. A nora era moi ruiña e sempre lle estaba a falar mal o home do seu pai, até que o convenceu de levalo pro asilo.

Cando ían polo camiño adiante, sentáronse a descansar nunha pedra, i o vello dixo:
-¡Vállame Deus, cómo son as cousas! ¡Nesta pedra tamén se sentóu meu pai cando eu fun levalo o asilo!.

Entón o fillo rañóu a cabeza e púxose a cavilar, dicindo:
-Non seña que o día de mañá mo meu fillo me faiga a min outro tanto.
E volvéuse pra casa co padre. E dende aquela tratárono a corpo de rei.

O Pechereno

Comentarios (0) - Categoría: CONTOS - Publicado o 22-05-2007 16:25
Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0