Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

A intención xa abonda

Foi un labrego unha vez confesarse e díxolle ó crego:
-Mire, señor cura, o outro día ó pasar por diante dunha cancela da eira do viciño vin un cabritiño moi bo e quíxeno coller, pro como a cancela da eira estaba pechada non o puiden coller.
-¡Ai, fillo, a intención xa abonda pra pecar!. ¿Canto valería o cabrito?.
-Siñor, andaría por unhos pesos.
-Pois logo tes que traerme un peso pra descargar unha misa polas benditas ánimas do Purgatorio. De non ser eisí, non che podo botála absolución.
-Logo xa lle traguerei o peso, respondeulle.
O labrego foi a casa buscálo peso, pro en vez de darllo pola porta, dáballo pola reixa das mulleres.
E en vista de que non cabía por ela, dille o labrego:
-Ai señor cura, a intención abonda; tampouco o cabritiño collía polas baldas da cancela.

Comentarios (15) - Categoría: CONTOS - Publicado o 26-05-2007 20:03
Ligazón permanente a este artigo
Falou o cuco

O Cuco na malla

-Ás virnos á malla?
-E logo irei:
E se quenta o sol,
...poñereime á sombra.
Se está bardado,
...cucarei
E se chove,
...pra aló irei!.
Comentarios (6) - Categoría: CONTOS - Publicado o 26-05-2007 13:15
Ligazón permanente a este artigo
Contos do Pechereno nº 3

A gaita que salvou o gaiteiro

Unha noite viña o gaiteiro de tocar da festa do san Xoán de Romariz, e cando viña baixando pola Infesta sentíu ouvear o lobo. O gaiteiro apurou o paso, e de alí a un pouco sentíu outro lobo contestarlle ao compañeiro. Como non tiña con que defenderse, o home votou a correr polo monte e axiña cansou, porque ía vello. Entón arrimouse a un carballo, e víu catro lobos baixando pola valgada cara a el alumeándolles os ollos na noite pecha. O gaiteiro ceiboulles unhos coios e berroulles, máis os lobos rodeárono, cos pelos ourizados. O vello, véndose perdido, deixouse caer o chao. Entón o lobo máis grande puxolle a pouta no fol da gaita, e co funguido que soltou saíron todos a correr. O vello dándose de conta que o acababa de salvar o fol da gaita díxolles:

-Ai! Tedes gaña de gaita?. Pois non vos a faltar gaita oh!.

O vello pillou a gaita e deu en tocar con todas as súas forzas, e non parou de tocar en todo o camiño ata chegar á casa. E así foi como lle salvou a vida a gaita.

O Pinchereno das A.

Comentarios (1) - Categoría: CONTOS - Publicado o 22-05-2007 16:28
Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0