Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O maliño de Lugo |
|
 Un día O Randiña atopouse enfermo e foi o médico, e díxolle que se o curaba dáballe o mellor porco que tiña na casa. O galeno fixo todo o posíbel pra curalo, e o fin curou. Pero chegou o tempo da ceba e o médico que esperaba polo porco que lle prometera O Randiña, non aparecía por ningures. E un día encontrouse con él na casa do Glorio e despois de saudalo, preguntóulle que tal lle ía de salú-
-Moi ben, eh!. Púxome vostede novo.
-Oiga, e vostede tamén non se acorda que, aquel día que estaba enfermo díxome que me daba un porco da ceba se o curaba, e non mo deo?.
-Ai, vaia por Deus!, tén razón. Qué enfermiño estaba?. Mire como deliraba, eh!.
O Velliño dos Contos.
|
|
|
|
O raposo |
|
 Colleu Maiña un día a escopeta pra ir de caza e según se mete polo monte arriba, atopouse cun raposo morto de fame que andaba mirando a ver como facía pra fartar a súa barriga. Como a Maiña o mesmo lle daba cazar perdices, conexos ou raposos, pegóulle un tiro; máis o raposo, con toda a boa sorte libróuse de que ningún grau de plomo lle furase o pelexo.
Ía o raposo a todo correr por entre o mulido cando chegou a un pedazo grande de monte que taba rozado e non podía agocharse en ningún lado. Marrube,que taba collendo no mulido veuno que se meteu debaixo dunha gavela a toda a presa sin que lle dese tempo namáis que dicirlle que non lle dixera nada a Maiña donde se metera, porque viña tras del.
O pouco tempo chega Maiña todo alporizado preguntándo si vira por alí un raposo. Marrube díxolle que por alí non o vira pasar, pero mentras lle dicía esto, apuntáballe co dedo a gavela donde se atopaba agochado o raposo. Nentramentras falaba con el, Marrube non deixaba de insistirlle varias veces senalándolle co dedo onde se agochaba o raposo pero Maiña non se daba decatado da sinal que lle estaba facendo Marrube e largóuse outra vez monte arriba detrás do raposo.
Nesto sale o raposo de debaixo da gavela e Marrube vendeulle ben o favor dicíndolle que gracias a el se librara de Maiña e salvara o pelexo. O que pasa é, que, o raposo por entre as rañas da gavela vía todo o que estaban facendo e falando, e díxolle a Marrube:
-As palabriñas non poideron ser mellores, eh! pero... o dedo... podías metelo... alí!.
O Velliño dos Contos.
|
|
|
|
O xastre |
|
 Había unha vez un probe infeliz, que era un trampas, e debíalles cartos a todos os viciños, como o aburrián pedíndolle o diñeiro, finxeu unha enfermidade e meteuse na cama. Os viciños ó saber que enfermara pois foron visitalo, sentábanse arredor da súa cama e, compadecidos, escomezaban a dicirlle:
-O que é por min, non teñas présa. Eu perdóoche todo o que me debes.
-Probiño! E eu tamén.
-Pois eu non quero ser menos e tamén perdóoche todo o que me debes.
E einsí foron todos, menos un: o xastre.
-A min débeme un ral, e a min págamo eh!.
-Pero, home, ten un pouco de caridá!. Ti non ves que está morrendo o probiño?.
-Se morre, que morra. Pero a min, xa o creo que me paga!.
Tanto se aborreceu o enfermo ca teima do xastre, que o home finxíu que morría, pra que non se salise coa súa. Metérono na caixa, puxérono nas andias e fixéronlle o enterro. Colocaron o cadavre na igrexa, e o xastre, que non pensaba noutra cousa máis que en cobrar o seu ral, e escondeuse nun confesionario. E aconteceu que esa noite chegaron doce ladróns á igrexa e puxéronse a contar o ouro que levaban nun saco. Máis aínda que eran doce, o xerifalte fixo trece montós, e era tan bravo e sen entranas, que para afacer os seus foraxidos as máis grandes atrocidades, sinalou o montón que sobraba e díxolles:
-Doulle ese montón ó que lle meta unha puñalada a ese cadavre.
Érguese un foraxido daqueles, saca o seu coitelo e vaise pra cabo do finxido morto. O probe morto desta non morreu de medo de puro milagre; máis ó ver que o perigo se lle asomaba, deu un brinco e berroulle ó xastre que seguía agochado no confesionario:
-Vide difuntos, vide!...
O xastre remexeuse dentro do confesionario de tal maneira que o tirou polo chan armando tal estarabouzo que lle contestou ó morto berrando:
-Alá imos todos xuntos!...
Os foraxidos votaron todos a correr de tal xeito que non pararon ata chegar a unha fraga. Alí acougaron un pouco lembrándose do tesouro que deixaban na igrexa. Entón o xerifalte mandoulle a un que volvese pra se enterare do que alí acontecera.
O foraxido voltou todo cheo de medo ata chegar ó adrio da igrexa no intre en que o cadavre e o xastre estaban a axudicarse cada un a súa parte do tesouro. Rematado o reparto, o xastre, que non se esquecía da deuda, díxolle a o outro:
-Ben, agora dásme o meu ral...
E cando o foraxido escoitou isto púxose a tremar coma unha vara de abelao e arrancou outra vez a toda mecha por onde veu.
-Non hai que pensar en voltar polo tesouro ?dixo case que sen alento a o seus compinches-, pois ¡son tantos os difuntos que hai na igrexa, que só tocan a un ral!
Dixen.
O Velliño dos Contos
|
|
|
|
|
|
|
|
|