Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

OS MOZOS DE SAN ANDRÉS

Os mozos de San Andrés
entre todos acordaron,
de non buscar muller
según a min me contaron.

Catro non teñen apuro
pois é de todo moi normal,
porque xa están cobrando
unha paga mensual.

Díno-lo Xosé do Crego:
-Mira que teñen cenismo!
se eu tivera unha paga
casábame mañá mismo.

Algún home deste barrio
quería ser coma él.
A pesar de tar casado
ten mulleres a granel.

Certo día en Abadín
coa súa querida estaba,
preguntóulle a un camioneiro
se a Mondañedo os levaba.

Na cabina non vos levo
xa vos vóu desenganar,
se veñen os motoristas
seguro que me van multar.

O que vos poido facer
anque de moi mala gana,
que veña un na cabina
e o outro que veña na cama.

Ela deitóuse na cama
e votaronse a andar,
no Campo dos Remedios
ós dous os deixóu quedar.

Prá San Andrés viñeron,
dende que anoiteceu.
Na casa entraron rifando
pró é que naide os oeu.

Aló pola medianoite
os pais algo notaron,
levantáronse a ollar
e na cama os atoparon.

O pai fíxose o tranquilo
por non estarabouzar.
Ó amencer salíu con ela
e a línea a foi levar.

Toma cartos pró viaxe
e debes de escarmentar.
Unha cousa coma esta
que non che volva a pasar.

Ao que Xosé do Crego dixo:
Isto podémolo comparar
co pichón que só busca
palomas pró seu palomar.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 12-02-2009 18:50
Ligazón permanente a este artigo
OS MOZOS DE OIRÁN

En Oirán hai unhos mozos
que che poido asegurar
que non votan nunha moza
por na querer procurar.

Se lles falas de beber viño
con eles tés amistá
se lles falas das mulleres
parece que tanto lles da.

É que levan moito tempo
amañándose sen elas
e como están tan afeitos
fuxen de xunto delas.

Pensan facer entre os catro
un xoven cuarteto vocal
prá salir tocar ós bailes
no tempo do Carnabal.

A min xa me preguntaron
quen son ?os catro gaiteiros?
vou decilo agora mesmo
cos seus nomes verdadeiros.

Un é, Domingo de Damasio,
o Montañés, o que lle sigue,
Orcesino de Marcelo
e máis Xosé de Lexide.

Orcesino toca a caixa,
Domingo toca o trombón,
Xesús toca o clarinete
e Xosé o saxofón.

Entre todos discurriron
unha noite na taberna
que pra carretar o viño
levarían a cisterna.

-Xosé non é bebedor!
así dixo o Montañés,
pero se el non o bebe
bebémolo entre os tres.

A Xesús do Montañés
según a min me contou,
Don Ponciano cásao gratis
pero el non lle aceptóu.

Di Portela pra animalo:
-Tu se te queres casar,
unha barrica de viño
tampouco che ha de faltar!

Hei de buscar unha muller
que seña traballadora,
anque seña muda é xorda
ou seña mal comedora.

Se non é desta maneira,
heino pensar ben primeiro,
que prá traballar prá ela
tamén me quedo solteiro.

Con isto da democracia
terán muller pra se casar,
o que non queira procurala
un imposto ha de pagar.

As rapaciñas solteiras
con boa cara non os ?miran?.
E anque as vexan ó xeito
nin unha gabanza lles tiran.

Todos son libres de quintas,
pouco han de esperar,
dentro de moi pouco tempo
de moda se van a pasar.

Xa non se alcontran agora
destes rapaces formales,
que prá estar a ben con eles
das mulleres, ...nin lles fales

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 12-02-2009 17:25
Ligazón permanente a este artigo
Ilustre

UN HOME ILUSTRADO

Do barrio de Villapol
haiche moito que contar,
non o contaremos todo
porque algo hai que deixar.

Algún home dese barrio
moito lle gusta figurar,
senon cambia de tocata
non sei onde a de ir parar.

A un veciño de Ximil
unhos cochos lle comprou,
e cando llos veu traer
desta maneira lle falou.

Os cochos que trougueches
pode que señan da mesma lei,
pró estou por asegurar
que non son os que comprei.

O señor, aborrecido,
según a min me contaron,
levouno con el a Ximil
prá que ollase os que quedaron.

Non se quixo convencer,
siguiu cabezoneando,
e por facerse o listo
dende Ximil veu andando.

Cando foi mercar o trator
á proba quixo levalo,
e de alí a poucos días
dixo que fosen buscalo.

Prá animalo a que mercara
mandáron-lle outro deseguida,
fixo da mesma maneira
e dixo que non o quería.

Antoxóuse-lle tamén
un bon muiño casero,
despois ós poucos días
tamén dixo non o quero.

Ó veciño llo deixaron
prá que o probase tamén el,
e despois ía moer
o maiz a casa del.

Púxose a sacar o carné
este home ilustrado.
Xa repetíu varias veces,
...inda non deu aprobado!.

Presumía saber moito
de volante e de motor,
-ti tés moito que aprender!
lle dicía o monitor.

Á conta de moitas veces
penso que o deu sacado,
parece mentira nel
...despois de ser un letrado.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 06-02-2009 11:30
Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [7] [8] [9] 10 [11] [12] [13] ... [18]
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0