Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

O POLTRO DO MUIÑEIRO

Este caso que vos conto
pasou alí no ?Ludeiro?,
que se víu moi aburrido
o poltro do muiñeiro.

Tan aburrido se víu
que sen esperar máis nada,
tiróuse el só na presa
co ramal i a cabezada.

Enteráronse os veciños
do accidente que pasara,
deseguida saliu ? O Polo?
coa noticia prá ?Seara?.

Vídevos agora mesmo
e traguede un adibal,
que se tiróu de aburrido
o percherón no canal.

Eran vintecinco homes
tirando polo cabalo,
pesaba ?corenta kilos?
e non o deron sacado.

Chegóu o xenro d´o ?Pito?
correndo dende a Retorta,
prá lle achicar a iauga
e que pechase a comporta.

Prá que saíse polos seus pés
púxolle a escada na veira,
intentóuno varias veces
pero non houbo maneira.

Unha escada pró cabalo?.
Eso é cousa dun tolo,
se lle puxera cebada
había subir el solo.

Ó lugar do accidente
chegóu ?Xosé de Falcón?,
traguía a carroceta
prá sacar o percherón.

Dous adibales dobrados
fan-nos falla prá amarralo.
-Asentade a carroceta,
senon non poido sacalo.

Enganchóuno coa pluma
prá podelo levantar,
inda que era ?moito peso?
por fin, logrouno sacar.

O subilo coa pluma
foi unha cousa ideal.
?Falcón?salvóulle a vida
a este percherón semental.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 27-02-2009 09:26
Ligazón permanente a este artigo
XIROS-PEDRIDO

ATROPELLO NOS ?XIROS?

O venres pasei por ?Pedrido?
ollei a xente alborotada,
e a ?Concha de Carballeira?
pregunteille que pasaba.

-Estamos cun reparto!.
Así che me contestóu.
-Dun pollino que nos Xiros
un coche atropellóu.

Chamaron a ?Xulio da Xastra?
prá que fora despedazalo,
e que tivese as raciós feitas
prá cando viñesen buscalo.

O ?Anxeliño dos Xiros?
foi o primeiro en chegar,
enteróuse do reparto
e a cabeza foi buscar.

Despois chegóu ?Segundo?
que por ser gran verduleiro,
hímoslle dar as orellas
prá que as colgue no sombreiro.

A ?Pepe do Rochudo?
por ser un home formal,
hímoslle dar un pedazo
por xunto ó atafal.

A ?Aladino de Rúa?
hímoslle gardar a grasa,
prá que lla día a muller
haber se a reuma lle pasa.

E a ?Vicente do Xastre?
como é tan pillabán,
hímoslle gardar a pel
prá que faiga un gabán.

Un xamón deste xumento
tamén veu o ?Licho? buscalo,
falóu co repartidor
prá que llo teña gardado.

Dixo ?Manuel do Canelo?:
Eu tamén quero a soá.
Miña irmá leva un pedazo
e ?Margarita? a outra mitá.

O outro xamón do burro
a ?Andrés? llo himos dar.
Inda o burro estaba vivo
e xa lle lo foi encargar.

E saíu ?Carmen do Sancho?
cunha cesta preparada:
-Veño buscar os menudos
prá facer unha empanada.

A ?Xesús do Señorito?
hímoslle dar un lacón,
o outro ha ser prá ?Valente?
e prá ?Milio? o corazón.

Sóupo-i ?Daniel do Leiro?
e abandoóu o traballo,
díxolle o repartidor:
-A tí gardeiche o vergallo!

A ?Vicente de Rosa?
como é un traballador,
gardámoslle as ferraduras
prá que camiñe mellor.

Dixo ?María da Veiga?:
Eu tamén quero a vexiga,
que está o meu Paco enfermo
prá lle dar unha lavativa.

?Valle? e mailo ?Perelo?
chegaron moi amodados,
e levaron entre os dous
as costelas dos dous lados.

Aquí se acaba señores
este reparto amigable,
senon vai ben repartido
?Xuliño? foi o culpable.

Bernabel


Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 23-02-2009 19:04
Ligazón permanente a este artigo
Arestora

Agora coa democracia
sí que imos a estar ben,
porque ben o amor libre
prá clase baixa tamén.

Inda que prá Vilanova
din que viu adiantado,
porque xa o praticaban
tando o goberno pasado.

Con isto da democracia
o home gañou un tanto,
que soporta a encornadura
coa pacencia dun santo.

Hainos con tanta ?nobreza?
que as mandan ?preparar?,
prá que gocen libremente
sen ningún risgo de emp...

Nisto si que tan moi ben,
tomar esa decisión,
senon sería dificil
coñecer a sucesión.

Onde vai ese home de antes
orgulloso e machista,
que agora pasa por todas
e non o hai máis conformista?.

Emponse o fiminino
e nada se pode facer.
Inda que volvan os de antes
tamén teñen que perder.

Estribillo:
¡Oh balançé, balançé
balançé de balancearse,
como lla xogo o meu home
e segue sen enterarse!.

Tamén no masculino
hai algún espabilado
que ten muller e querida
sen medo a ser criticado.

E non se garda de naide
nin lle importa o que dirán,
pasa as horas e os días
encerrado no zagüán.

Na casa de Cabaleiros
cun veciño falando:
Isto ha ser prá sempre!
pero non lle dixo cando.

Falando da súa muller
e todo cheo de razón:
Deuma Deus tan desdeixada
que anda sempre en camisón!.

Sen embargo a querida
máis limpa non pode ser:
-...Tráina sempre tan l...
que case a podes lam!.

-Lám... tú!, contestóulle
o outro mosqueado:
-Cómame nunca o demo
se non estás ben chiflado!.

Tomáchelle tanto gusto
que non saes de xunto dela,
pareces talmente o can
cando anda alzada a cadela.

Non, ainda non es ti só,
que hai outro moi parecido,
inda que lle falen dela
non se da por ofendido.

Colle o coche e vai por ela
prá sacala a pasear.
Coñece tan ben a casa
que xa entra sen chamar.

E este probe obreiro
que pasa a vida currando,
ten que gañarse o sustento
afloxando e apertando.

Estribillo:
Oh galanté, galanté,
galanté, galantería;
mira que fermosa cabeza
coa do carneiro a porfía.

Tamén hai quen se arrima
porque non se quer casar,
e prá ser o mais moderno
ten os fillos sen bautizar.

Por presumir de machista
non o hai con quen comparar,
se ollara o pasado
moito se tiña que lembrar.

Home que viviche a vida
cheo de tanto poder!.
Como ves agora o mundo
que se impuxo a muller?.

Xa temos lei pró divorcio
prá bigamia ta en proieuto,
e prá desexar ó próximo
sempre oubo algún direito.

Foi a nova xuventú
a que aprobou o decreto,
prá poder cambeala chave
sen ter que gardar secreto.

Aceuto que a xuventú
loite pola democracia,
pero todas estas cousas
non me fan ningunha gracia.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 20-02-2009 22:48
Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [18]
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0